Manuel Lamela Lestón
Manuel Lamela Lestón | |
---|---|
Nacemento | 1944 |
Lugar de nacemento | O Pindo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Margarita Lamela Louzán |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Lamela Lestón, nado no Pindo (Carnota) en 1944,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Trasladouse a Cee aos 8 anos. Maquinista naval. Foi profesor de FP e director do IES Fernando Blanco de Cee. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BN-PG e Unidade Galega. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Entre 1987 e 1991 formou parte do goberno municipal presidido por Manuel Castro (CDS). Nas municipais de 1995 volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto de goberno con IxCee e o apoio externo do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde ó se-la forza máis votada.
Presentou a dimisión o 17 de abril de 2001 da presentación dunha moción de censura por parte do PPdeG e IxCEE que se votou o 11 de maio de 2001[2]. En 2007 volveu ao goberno municipal no goberno dos socialistas con IxCEE como concelleiro de Infraestruturas. Dimitiu como concelleiro en febreiro de 2011.
Predecesor: José Sánchez García |
![]() Alcalde de Cee 1979 - 1987 |
Sucesor: Manuel Castro Castro
|
Predecesor: Manuel Castro Castro |
![]() Alcalde de Cee 1995 - 2001 |
Sucesor: Antonio Domínguez García
|
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É pai Margarita Lamela Louzán, alcaldesa socialista de Cee dende 2019.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 2-5-2003, p. L6
- ↑ "«Os independentes activaron a moción»". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2011.