Ramón Vigo Sambade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1964 (60 anos) Cee, España |
Alcalde de Cee | |
2015 – 2019 ← Zaira Rodríguez Pérez – Margarita Lamela Louzán → | |
Alcalde de Cee | |
2007 – 1 de marzo de 2012 (moción de censura) ← Antonio Domínguez García – Zaira Rodríguez Pérez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua galega |
Ramón Ramiro Vigo Sambade, nado en Cee o 27 de abril de 1964, é un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico de profesión, é especialista en Medicina do Traballo. Exerceu como inspector médico na Xunta e na Seguridade Social. Traballou como médico titular no departamento de Xeriatría da residencia viguesa do Meixoeiro.
Actividade política
[editar | editar a fonte]Fundou en 1995 a agrupación Independentes por Cee (IxCee). Entre 1995 e 1999 formou parte do goberno local de Cee grazas a un pacto co PSdeG, que abandonou pouco antes das eleccións municipais. En 2001 asinou unha moción de censura co PPdeG que desbancou aos socialistas da alcaldía. Accedeu á alcaldía de Cee nas municipais de 2007 grazas a un pacto co PSdeG. É o presidente da asociación para o desenvolvemento comarcal Neria. O 31 de xaneiro de 2011 foi detido na Operación Orquestra, resultando imputado de supostos delitos de prevaricación, suborno, tráfico e malversación, e quedando en liberdade con cargos tras pagar a fianza decretada polo xuíz[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde como cabeza de lista da candidatura máis votada[2]. Cesou como alcalde o 1 de marzo de 2012 como consecuencia dunha moción de censura presentada polo PPdeG e o BNG[3].
No ano 2015, nas eleccións municipais, conseguiu recupera-la alcaldía do concello ao se-la lista máis votada[4]. Nas eleccións municipais de 2019 quedou como terceira forza política, polo que a alcaldía foi para Margarita Lamela Louzán do PSdeG[5]. O 31 de agosto de 2022 presentou a súa dimisión como concelleiro e anunciou o abandono da política.[6]
Predecesor: Antonio Domínguez García |
Alcalde de Cee 2007 - 2012 |
Sucesor: Zaira Rodríguez Pérez |
Predecesor: Zaira Rodríguez Pérez |
Alcalde de Cee 2015 - 2019 |
Sucesor: Margarita Lamela Louzán |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Cee deposita la fianza de 29.000 euros Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 03/02/2011, (en castelán)
- ↑ La celebración del alcalde de Cee
- ↑ "La popular Zaira Rodríguez, alcaldesa de Cee tras la moción de censura". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2012.
- ↑ Ramón Vigo, alcalde de Cee y Lalo Insua, de Corcubión
- ↑ Concello de Cee na FEGAMP
- ↑ Ramón Vigo di adeus á política: “Perdín a ilusión”
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Perfil en El Correo Gallego Arquivado 21 de novembro de 2010 en Wayback Machine.