Saltar ao contido

Antonio Domínguez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Domínguez García
Biografía
Nacemento30 de abril de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Cee, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cee
2001 – 2007
← Manuel Lamela LestónRamón Vigo Sambade → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Antonio Domínguez García, nado en Cee o 30 de abril de 1955,[1] é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Electricista. Chegou á política nas municipais de 1987 con Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentou polo PPdeG. En 1993 acadou a acta de concelleiro. Nas municipais de 1995 foi cabeza de lista do PPdeG. Nas eleccións municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cee e foi elixido concelleiro. Accedeu á alcaldía de Cee trala dimisión de Manuel Lamela Lestón e a moción de censura de PPdeG e IxCee o 11 de maio de 2001. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde, agora por maioría absoluta. Nas municipais de 2007 foi o candidato máis votado, pero pasando de 7 a 4 concelleiros, polo que un pacto entre IxCee e PSdeG afastouno do goberno. Foi deputado provincial. Nas municipais de 2019, tras 8 anos retirado da política municipal, foi de novo candidato á alcaldía polo PPdeG, pero non conseguiu a alcaldía ó gañar o PSdeG-PSOE.


Predecesor:
Manuel Lamela Lestón
 
Alcalde de Cee
 
2001 - 2007
Sucesor:
Ramón Vigo Sambade
  1. La Voz de Galicia, 16-5-2007, p. L6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]