José Almoina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Almoina Mateos»)
Infotaula de personaJosé Almoina
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1903 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1960 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Almoina Mateos, nado en Lugo o 21 de xuño de 1903 e finado en Cidade de México o 5 de maio de 1960, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato en Lugo e despois Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, rematando na especialidade de Historia en 1930. Na República exerceu como funcionario de correos en Benavente onde tamén destacou pola súa labor nos círculos socialistas locais e dirixiu o periódico El Pueblo. En Benavente casou con Pilar Fidalgo en outubro de 1932. En 1933 foi destinado a Alcaudete (Xaén) como represalia por motivos políticos, onde permaneceu ata a vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. En 1935 apareceu o seu libro Monumentos históricos y artísticos de la ciudad de Benavente. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República pola provincia de Zamora. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Benavente de onde saíu camiño de Astorga para dirixirse cos mineiros a Oviedo. A súa muller, Pilar Fidalgo, foi detida pola Garda civil o 6 de outubro. Almoina ocultouse nos montes de Villablino e desde alí pasou a Santander desde onde logrou mudar á súa muller por un xeneral franquista en xuño de 1937. Despois pasaron a Francia. Logo do fin da Guerra exiliouse, instalándose na República Dominicana o 7 de novembro de 1939 con 36 anos.

Chegada a Santo Domingo[editar | editar a fonte]

Á súa chegada a Santo Domingo, obtivo emprego en febreiro de 1940 como profesor da Escola Diplomática e Consular da Secretaría de Estado de Relacións Exteriores. En outubro de 1942 foi designado preceptor de Rafael Leónidas Trujillo Martínez, alias Ramfis Trujillo, fillo do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo Molina. Un ano despois foi nomeado catedrático especial da Facultade de Filosofía da Universidade de Santo Domingo, responsable da área de portugués. Ao ano seguinte foi ascendido ao cargo de secretario particular do presidente Trujillo, o que lle permitiu acceso ás fontes de poder e ás interioridades do réxime.

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Durante a súa estadía en Santo Domingo publicou La biblioteca erasmista de Diego Méndez e Rumbos heterodoxos de México ambos libros co auspicio da Universidade de Santo Domingo. Tamén escribiu dous textos Meditaciones Morales e Falsa Amistad, que apareceron coa autoría de María Martínez de Trujillo, esposa do ditador. Publicou en 1946 La Frontera de la República Dominicana con Haití.

Fora da República Dominicana escribiu La póstuma peripecia de Goya; unha edición anotada de La Regla Cristiana Breve de frei Juan de Zumárraga, un libro sobre Díaz Mirón, e a súa poética; varios folletos e numerosas traducións francesas.

Labor antitrujillista[editar | editar a fonte]

En 1947, oito anos despois da súa chegada, tomou a decisión de saír do país e marchar a México,[1] despois de coñecer as entrañas do réxime de Trujillo e dedicarse a labores académicas e editoriais. Escribe Yo fui secretario de Trujillo (1950) unha obra de honra e loas a Trujillo destinada a ser unha distracción das súas actividades antitrujillistas. 15 meses antes publicara en México co pseudónimo de Gregorio R. Bustamante a obra Una Satrapía en el Caribe: historia puntual de la mala vida del déspota Rafael Leónidas Trujillo. Almoina describe este texto como cru, amargo e brutal.

Durante máis de 10 anos Almoina tratou de combinar os seus labores profesionais e académicos coas súas activades antitrujillistas (charlas, conferencias etc.) ata que o 4 de maio de 1960, un ano antes da morte Trujillo, foi asasinado nas rúas da Cidade de México.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Fidalgo Carasa e foi pai de Pilar, Elena, Ulises e Leticia Almoina Fidalgo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]