Jorge Tuñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jorge Tuñas Caamaño»)
Infotaula de personaJorge Tuñas
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Jorge Tuñas Caamaño, nado na Coruña en 1971, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, trasladouse sendo novo a Negreira, onde despois rexentou un estanco. Foi candidato do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2007 e foi elixido concelleiro. Logo da dimisión do alcalde Juan García Fuentes o 7 de setembro de 2009, Tuñas foi elixido alcalde de Negreira[1]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, que foi a lista máis votada, pero sen acadar a maioría absoluta, pasando á oposición. Nas municipais de 2015 a do PSdeG foi de novo a lista máis votada sen acadar a maioría absoluta. A abstención dos dous concelleiros de Ciudadanos, permitiulle a Tuñas ser elixido alcalde[2].

Polémica[editar | editar a fonte]

En abril de 2017 Tuñas dimitiu como consecuencia de ser acusado pola fiscalía de apropiarse dun número de teléfonos móbiles que eran de propiedade do concello. Foi substituído na alcaldía polo seu compañeiro de partido Manuel Ángel Leis Míguez[3]. En xullo de 2017 resulta finalmente absolto de ditos cargos[4], polo que volve á alcaldía en novembro.

Nas eleccións municipais de 2019 non se presentou á alcaldía, encabezando a candidatura Manuel Ángel Leis Míguez, que finalmente gañou ese posto para o PSdeG.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan García Fuentes
 
Alcalde de Negreira
 
2009 - 2011
Sucesor:
José Blanco Pazos
Predecesor:
Juan Rey Maceira
 
Alcalde de Negreira
 
2015 - 2017
Sucesor:
Manuel Ángel Leis Míguez
Predecesor:
Manuel Ángel Leis Míguez
 
Alcalde de Negreira
 
2017 - 2019
Sucesor:
Manuel Ángel Leis Míguez