Jorge Manuel Theotocópuli
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1578 (Gregoriano) Toledo |
Morte | 29 de marzo de 1631 (52/53 anos) Toledo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Toledo |
Ocupación | pintor , arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pais | El Greco e Jerónima de Las Cuevas (en) |
Jorge Manuel Theotocópuli, máis coñecido simplemente como Jorge Manuel, nado en Toledo en 1578 e finado na mesma cidade en 1631, foi un arquitecto e pintor español, fillo e discípulo do Greco.
Biografía
[editar | editar a fonte]Jorge Manuel era fillo do Greco e de Jerónima de las Cuevas. Naceu en 1578, cando seu pai contrataba O Espolio para a catedral da cidade.
Aprendeu a técnica pictórica do seu propio pai, realizando numerosas réplicas dos seus cadros, ou completando detalles; así atribúeselle o plano de Toledo na Vista e plano de Toledo (ca. 1610-1614), en razón da súa pericia como arquitecto. Jorge Manuel traballou na catedral de Toledo, da que foi nomeado mestre maior en 1625 e ergueu a Casa consistorial da cidade a partir dun proxecto anterior de Juan de Herrera.
Jorge Manuel figura retratado –neno aínda ou xa medrado- en diversos cadros do seu pai, como no célebre Enterro do conde de Orgaz (igrexa de Santo Tomé, Toledo), na mesma Vista e plano de Toledo (Casa Museo de El Greco, Toledo) ou no San Luís de Francia (Museo do Louvre, París). Casou dúas veces, acabando arruinado a causa dun preito co Hospital Tavera, cuxo resultado foi o embargo dos seus bens.
Obra (selección)
[editar | editar a fonte]Pintura
[editar | editar a fonte]- Retablo de Titulcia (Guadalajara)
- Retrato de San Luís de Francia, Casa Museo de El Greco, Toledo, réplica con variantes no fondo dunha obra homónima do seu pai (Museo do Louvre).
- Retrato do cardeal Bernardo de Sandoval y Rojas
- A familia do pintor (ca. 1605), propiedade privada en Bryn Athyn, Pensilvania, Estados Unidos.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Casa consistorial, Toledo, obra na que seguiu planos anteriores (1575) de Juan de Herrera.
- Cúpula barroca (1631), no lado esquerdo da fachada da catedral de Toledo, sobre tambor gótico de Egas (1519), cubrindo a capela mozárabe.
- Sacristía da catedral toledana, Jorge Manuel continuou desde 1621 as obras que iniciaran Nicolás de Vergara o Novo e Juan Bautista Montenegro.