Saltar ao contido

Jordi Savall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJordi Savall

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Jordi Savall i Bernadet Editar o valor en Wikidata
1 de agosto de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Igualada, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, gambista, mestre, director de orquestra, musicólogo, violoncellista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica antiga, música clásica e Música barroca Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAugust Wenzinger (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViola da gamba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAlia Vox (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Bartels (2017–)
Montserrat Figueras (1968–2011), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosArianna Savall
 () Montserrat Figueras
Ferran Savall
 () Montserrat Figueras Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0767426 BNE: XX1113844 Spotify: 3faEZMpTmZFXpELU1EwWNL Musicbrainz: 9a4bb654-35c5-4c88-8460-39d5bb01aa57 Songkick: 281267 Discogs: 837875 Allmusic: mn0000676650 Deezer: 96756 Editar o valor en Wikidata

Jordi Savall i Bernadet, nado en Igualada, en 1941, é un violagambista, director de orquestra e musicólogo catalán, especializado en música antiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jordi Savall comezou a estudar música aos seis anos na súa cidade natal, Igualada. En 1965 rematou os seus estudos superiores de música e violonchelo no Conservatorio de Barcelona.

En 1968 trasladouse a Suíza para ampliar a súa formación na Schola Cantorum Basiliensis, reivindicando un instrumento antigo case esquecido, a viola de gamba, e defendendo a importancia da música antiga da Península Ibérica. Neste centro foi discípulo do mestre August Wenzinger, a quen sucedeu en 1973.

En 1970 comezou unha exitosa carreira como intérprete de viola de gamba, da que é considerado pola crítica como un dos máis grandes intérpretes. Entre 1974 e 1989 fundou tres conxuntos, Hespèrion XX (1974, agora Hespèrion XXI), La Capella Reial de Catalunya (1987) e Le Concert des Nations (1989), con repertorios que van dende a Idade Media ao século XIX, mais sempre interpretados co máximo rigor histórico.

Dirixiu orquestras de prestixio coma a Orquestra Sinfónica da Fundación Calouste Gulbenkian, a Orquestra Camerata de Salzburgo, a Wiener Kammerorchester e a Philarmonia Baroque Orchestra de San Francisco.

Recoñecementos e galardóns

[editar | editar a fonte]

Durante máis de 25 anos de reivindicación da música antiga, Jordi Savall recibiu numerosas distincións: En 1988 foi nomeado «Officier de l'Ordre des Artes et des Lettres» polo Ministerio de Cultura de Francia. En 1990 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña. En 1998, o Ministerio de Cultura de España outorgoulle a Medalla de Ouro das Belas Artes, e dende 1999 é Membro de Honra da Konzerthaus de Viena. Tamén recibiu o Premio de Honra da Fundación Jaume I, e foi investido Doutor Honoris Causa pola Université Catholique de Louvain (Bélxica).

A súa discografía supera o centenar de gravacións en diferentes selos, polos cales recibiu máis de cincuenta premios internacionais. Dende 1998 edita os seus discos co seu selo propio, ALIA VOX.[1]

O seu traballo tamén inclúe a música para películas, gañando un César (mellor música) en 1992 coa banda sonora de Tous les matins du monde, e resultando nomeado nos mesmos premios en 1998 pola partitura de Marquise.

  • 1991 - Tous les matins du monde, de Alain Corneau.
  • 1993 - El Pájaro de la felicidad, de Pilar Miró.
  • 1993 - Jeanne la Pucelle I: Les batailles, de Jacques Rivette.
  • 1994 - Jeanne la Pucelle II: Les prisons, de Jacques Rivette.
  • 1997 - Hosszú alkony, de Attila Janisch.
  • 1997 - Marquise, de Vera Belmont.
  • 1997 - Secret defense, de Jacques Rivette.
  1. Véxase ALIA VOX, en: www.alia-vox.com Arquivado 16 de xuño de 2022 en Wayback Machine.