Jon García Herrero
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1991 (33 anos) Bilbao, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,77 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jon García Herrero, coñecido habitualmente como Jon García, nado o 4 de xuño de 1991 en Bilbao, Biscaia, é un futbolista profesional vasco, que xoga como defensa para o Albacete da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Bilbao, Biscaia, García uniuse ás categorías inferiores do Athletic de Bilbao, pasando a xogar no equipo xuvenil no ano 2007, cando tiña 16 anos. Alí xogou 71 partidos, alternando o último ano convocatorias co Baskonia, segundo filial do club vasco na Terceira División. Tras outro ano máis no Baskonia, en 2011 comezou a xogar para o Bilbao Athletic, da Segunda B, onde militou durante tres tempadas, disputando un total de 72 partidos, nos que anotou 4 goles.
Tras desvincularse do filial bilbaíno, fichou en 2014 polo Club Deportivo Lugo da Segunda División.[1] No Lugo tan só chegou a disputar sete partidos, nunha etapa marcada polas lesións e por unha rotura do ligamento cruzado anterior. Finalmente, o seu contrato foi rescindido e asinou polo Racing de Santander. Tras recuperarse da grave lesión, disputou oito partidos co club cántabro e disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda.
A continuación pasou polo Sestao e a Ponferradina, logrando co equipo do Bierzo o ascenso á Segunda División. Con todo, durante a promoción de ascenso sufriu de novo unha rotura do ligamento cruzado anterior, o que o afastou dos terreos de xogo durante máis de medio ano.
O 28 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Racing de Ferrol da Segunda División B.[2] No verán dese mesmo ano rescindiu o seu contrato coa Ponferradina e fichou definitivamente polo Racing de Ferrol, no que xogou durante os seguintes cinco anos. Acumulou un total de 120 partidos co club galego, co que conseguiu o segundo ascenso á Segunda División da súa carreira.
En 2024, trala fin do seu contrato, asinou como novo xogador do Albacete.[3]
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Baskonia | Terceira | 2009-2010 | 17 | 3 |
Baskonia | Terceira | 2010-2011 | 31 | 3 |
Athletic B | Segunda B | 2011-2012 | 8 | 0 |
Athletic B | Segunda B | 2012-2013 | 30 | 2 |
Athletic B | Segunda B | 2013-2014 | 34 | 2 |
Lugo | Segunda | 2014-2015 | 5 | 0 |
Lugo | Segunda | 2015 | 0 | 0 |
Racing | Segunda B | 2015-2016 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O Lugo confirma a fichaxe de Jon García
- ↑ Acuerdo para la cesión de Jon García al Racing Club de Ferrol
- ↑ "El Albacete confirma el fichaje de Jon García para su defensa" (en castelán). 5 de xullo de 2024. Consultado o 5 de xullo de 2024.