Saltar ao contido

Johnny colleu o seu fusil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Johnny colleu o seu fusil
 Instancia de
 Título
Johnny Got His Gun (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Caracterizado por
 Lingua orixinal
 Cor
Obras e produtos
 Formato de distribución
Implicados
 Distribuidor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
Organizacións
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1971 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración111 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios
 Puntuación da crítica
41/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
67% Rotten Tomatoes (20 de agosto de 2024)
6.7/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF316754423 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-3A31-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0270_nb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0067277 Filmaffinity: 746268 Allocine: 220 Rottentomatoes: m/johnny_got_his_gun Allmovie: v26441 TCM: 79837 Metacritic: movie/johnny-got-his-gun TV.com: movies/johnny-got-his-gun BNE: XX4099543 Netlix: 70008386 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Johnny colleu o seu fusil (en inglés: Johnny Got His Gun) é un filme estadounidense antibélico escrito e dirixido por Dalton Trumbo e protagonizado por Timothy Bottoms, Kathy Fields, Marsha Hunt, Jason Robards, Donald Sutherland e Diane Varsi. Baséase na novela homónima de Trumbo.

Aínda que tivo certo éxito no tempo da súa estrea, foi esquecido pouco despois polo gran público. A pesar de que se coñece que Jimmy Carter esixiu aos membros do seu goberno que visen o filme pouco despois da súa elección como gobernador de Xeorxia en 1971, o filme fíxose máis popular cando foi incluído no vídeo da canción "One", de Metallica, que acabou por converter Johnny colleu o seu fusil nun filme de culto. Os membros de Metallica compraron os dereitos do filme para poder seguir mostrando o videoclip sen pagar royalties adicionais.[1]

Foi emitido na TVG o 24 de marzo de 2018.[2]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Joe Bonham (Timothy Bottoms), un soldado estadounidense novo ferido por un proxectil durante a primeira guerra mundial, xace na cama dun hospital. É un amputado cuádruplo que tamén perdeu os seus ollos, orellas, boca e nariz. Permanece consciente e capaz de razoar, mais as súas feridas fano prisioneiro no seu propio corpo. Mentres deriva entre a realidade e a fantasía, lembra a súa vida pasada coa súa familia e a súa moza (Kathy Fields). Tamén establece un vínculo cunha enfermeira nova (Diane Varsi) que nota a súa situación.

Joe intenta comunicarse cos méditos mediante o código Morse movendo a súa cabeza dicindo "help" ("axuda"). Desexa que o exército dos Estados Unidos o coloque nun cadaleito de cristal nun espectáculo de monstros (freak show) para mostrar os horrores da guerra. Cando se lle di que o seu desexo é imposible, responde pedindo a eutanasia, repetindo "kill me" ("mátenme").

Finalmente dáse de conta de que o exército non pode levar a cabo o seu desexo e que o deixará no estado de morte vivente. A súa enfermeira intenta practicarlle a eutanasia atoando o seu tubo respiratorio, pero o supervisor páraa antes de que Joe faleza. Joe entende que nunca sairá da súa trampa e déixano só repetindo "SOS Help me" ("SOS, axúdenme").

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme distingue entre a realidade de Joe e a fantasía con branco e negro para o hospital e cor para os seus soños e lembranzas. Os seus soños están inducidos polas drogas, como cando fala co seu pai morto e Xesús Cristo, coa cor saturada. Os seus recordos son nunha cor máis clara, como na viaxe de pesca e a súa última noite con Kareen. As feridas de Joe nunca se ven nas escenas do hospital: a súa cara está cuberta cunha máscara e o seu corpo por sabas.

  1. Ryan, James (3-2-2016). "FANTASIA OBSCURA: How the Real-Life 'Trumbo' Influenced... Metallica?". RebeatMag.com. Consultado o 26-9-2016. 
  2. Programación, consultado o 24-3-2018