John Harington
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | p. 4 de agosto de 1560 Kelston |
| Morte | p. 20 de novembro de 1612 Somerset |
| Educación | King's College Eton College |
| Actividade | |
| Ocupación | inventor, poeta, escritor |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mary Rogers |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Harington, Sir John |
John Harington, nado o 4 de agosto de 1560 en Kelston e finado o 20 de novembro de 1612 en Somerset, foi un inventor da cisterna do retrete.[1] Chegou a ser prominente na corte da raíña Sabela I e era coñecido como o seu "afillado descarado", pero a súa poesía e outros escritos fixeron que perdese o favor da raíña. Foi o autor da descrición dun precursor con inodoro instalado na súa casa de Kelston, que aparece en A New Discourse of a Stale Subject, chamado The Metamorphosis of Ajax (1596), unha alegoría política e un ataque codificado á monarquía que hoxe en día é a súa obra máis coñecida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Kelston, Somerset, Inglaterra. Era fillo de John Harington de Kelston, o poeta, e da segunda muller deste, Isabella Markham, unha dama de honra da raíña Sabela I de Inglaterra. Era neto dun tal Alexander Harington, de Stepney, Londres; de quen se sabe pouco. Era así mesmo un dos 102 afillados da raíña.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Harington, Sir John (bap. 1560, d. 1612)". oxforddnb.com. Consultado o 2015.
- ↑ "Sir John Harington: Queen Elizabeth's Godson". www.historytoday.com (en inglés). Consultado o 2026-05-29.