John Cena
(2025) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (en) John Felix Anthony Cena 23 de abril de 1977 West Newbury, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Residencia | Land O' Lakes | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Grupo étnico | French-Canadian Americans (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Springfield College (en) Cushing Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 114 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cor dos ollos | Azul | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cor do pelo | Cabelo castaño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Campo de traballo | Actuación, música e loita | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | loitador profesional (1999–), produtor delegado, rapeiro, actor, loitador afeccionado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Empregador | World Wrestling Entertainment | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Xénero artístico | Música hip hop | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Instrumento | Piano e voz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Selo discográfico | Columbia Records | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Cónxuxe | valor descoñecido (2020–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Parella | Nikki Bella (2012–2018) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pais | John Cena Sr. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
John Felix Anthony Cena (23 de abril de 1977), é un actor, cantante de hip hop e loitador profesional estadounidense. Está traballando actualmente coa World Wrestling Entertainment ou WWE, na RAW. Antes de loitar na WWE, estivo en Ultimate Pro Wrestling e Ohio Valley Wrestling. Entre os seus logros como loitador destacan catorce Campionatos Mundiais: once veces como Campión da WWE (converténdose no loitador que máis veces obtivo o título) e tres veces como Campión Mundial Peso Pesado, sendo así o loitador con máis títulos mundiais na WWE. Tamén son de destacar os seus tres reinados como Campión dos Estados Unidos da WWE, dous como Campión Mundial por Parellas, e dous reinados como Campión por Parellas da WWE. Tamén foi o gañador das edicións vixésima primeira e vixésima sexta de Royal Rumble e do WWE Championship Money in the Bank en 2012.
Carreira na WWE
[editar | editar a fonte]2002-2003
[editar | editar a fonte]A Primeira loita televisada de Cena na WWE foi a resposta nun reto a calquera persoa de Kurt Angle no 27 de xullo do 2002. Cena loitou contra Kurt Angle, salvándose de "Angle Slam" e soportando a "Angle Lock", pero igualmente perdeu a loita, cun paquetiño de loita afeccionadA. Despois da derrota de Cena, entrou nun pequeno feudo con Chris Jericho. En outubro Cena e Billy Kidman uníronse para participar nun torneo para coroar aos primeiros Campións en Parellas da WWE, pero perderon na primeira rolda. Na seguinte semana Cena traicionou a Kidman, culpándoo pola derrota sufrida.
Actualidade
[editar | editar a fonte]Despois de dunha lesión muscular que o tivo apartado dos cuadriláteros varios meses, John Cena volveu a RAW en outono do 2008 conquistando o World Heavyweigth Championship que estaba en mans de Chris Jericho. Actualmente é o campión mundial dos pesos pesados (World Heavyweight Champion).