Johann Samuel Drese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johann Samuel Drese
Nacementoca. 1644
 Weimar
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento1 de decembro de 1716
 Weimar
Banner of the Holy Roman Emperor (after 1400).svg Sacro Imperio Romano Xermánico
NacionalidadeAlemaña
Instrumento(s)Órgano
editar datos en Wikidata ]

Johann Samuel Drese, nado en Weimar (actualmente en Turinxia, Alemaña, e daquena pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) ca. 1644 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1716, foi un organista, mestre de capela (en alemán Kapellmeister) e compositor alemán pertencente á familia musical Drese.

Logo de ter estudado composición, foi nomeado organista da corte de Jena, posto no que permaneceu ata 1683, sendo ese ano nomeado no cargo de mestre de capela na corte de Weimar, na que Johann Sebastian Bach foi organista e músico de cámara en 1703 e posteriormente entre 1708 e 1717. Logo da súa morte foi sucedido polo seu fillo Johann Wilhelm, quen xa era vicemestre de capela dende 1705.

Johann Samuel Drese deixou manuscritos de algunhas óperas, sonatas para clavicémbalo, e varios motetes.

Seu primo foi o tamén compositor Adam Drese.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]