Adam Drese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdam Drese

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodecembro de 1620 Editar o valor em Wikidata
Turinxia Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 1701 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Arnstadt Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaJena Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Weimar
Jena
Arnstadt Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , gambista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 8bac9b74-658c-4aac-8f7f-711aa27ba7a5 Discogs: 2833344 IMSLP: Category:Drese,_Adam Editar o valor em Wikidata

Adam Drese, nado en Weimar (actualmente en Turinxia, Alemaña, e daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) ca. 1620 e finado o 15 de febreiro de 1701 en Arnstadt, foi un compositor e gambista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adam Drese estudou composición en Varsovia con Marco Scacchi alentado polo duque Wilhelm IV von Weimar. Ao seu regreso a Weimar foi nomeado mestre de capela (en alemán Kapellmeister) polo duque Wilhelm von Sachsen-Weimar en 1652, mais en 1662, despois da morte do duque, a capela foi disolta e Drese buscou un posto similar co duque Bernhard de Jena, para quen traballou en calidade de secretario e mestre de capela. Cando este duque morreu en 1678, Drese renunciou á música e non se soubo nada del ata que encontrou outro posto de mestre de capela ao servizo do conde de Schwarzburgo en Arnstadt, onde permaneceu ata a súa morte.

Obra[editar | editar a fonte]

Ademais dun gran número de composicións e óperas que non chegaron aos nosos días, cómpre citar entre a súa produción un tratado de música instrumental titulado Erster Theil atlicher Allemanden, Couranten, Sarabanden, Balletten, Intraden und Arien (Jena, 1672). Gañou notoriedade na súa época polas súas melodías corais de poemas relixiosos de Georg Neumark na súa obra Das Poetisch-musikalische Lustwäldlein.

Era primo do tamén compositor Johann Samuel Drese (1644-1716).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]