Johann Rudolph Schellenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Rudolph Schellenberg
Johann Rudolph Schellenberg.jpg
Retrato de Johann R. Schellenberg en 1770
Nacemento4 de xaneiro de 1740
Lugar de nacementoBasilea
Falecemento6 de agosto de 1806
Lugar de falecementoTöss (Winterthur)
Nacionalidadesuíza
Ocupacióngravador, pintor e naturalista
PaiJohann Ulrich Schellenberg
NaiAnna Katharina Huber
CónxuxeMaria Magdalena Hegner
Fillos2 fillos e 4 fillas
Linguaalemán, francés
editar datos en Wikidata ]

Johann Rudolph Schellenberg, nado o 4 de xaneiro de 1740 en Basilea, e finado o 6 de agosto de 1806 en Töss, localidade da cidade de Winterthur,[1] foi un gravador, pintor e naturalista suízo, especializado en entomoloxía.

Está considerado como un dos ilustradores máis importantes da súa época e o gravador suízo máis importante do século XVIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johann Rudolph Schellenberg era fillo do pintor Johann Ulrich Schellenberg e de Anna Katharina Huber, filla do tamén pintor Johann Rudolf Huber. Os primeiros intentos artísticos de J. R. Schellenberg baseáronse en suxestións de Johann Rudolf Huber. Cando este morreu en 1748, a familia trasladouse a Winterthur, o lugar de nacemento do pai. Alí Schellenberg aprendeu, xunto con Anton Graff, na escola de debuxo de seu pai, e traballou no seu taller. Regresou a Basilea, onde probou sorte coa pintura de paisaxes e retratos. As primeiras pinturas de Schellenberg, especialmente decorados de teatro e debuxos de pastores e agricultores, datan deste período.[1]

Despois dunha proxectada viaxe a Italia, que non puido realizar debido a unha repentina enfermidade, Schellenberg, regresou a Winterthur, onde se retirou. Johannes Gessner, de Zúric, encargou a Schellenberg que ralizara debuxos de historia natural con fins científicos. Schellenberg trasladouse a Zúric, onde viviu co seu mecenas Gessner e fixo numerosos debuxos, principalmente de insectos. A primeira obra, na que aparecieron 52 augafortes de Schellenberg, foi Kennzeichen der Insekten, de Johann Heinrich Sulzer, en 1761.

Esta obra tivo un grande éxito no país e no estranxeiro, o que fixo que Schellenberg tivera novas encargas. Nos anos seguientes creou ao redor de 3 800 debuxos entomolóxicos, algúns dos cales tamén se publicaron nas propias obras de Schellenberg, por exemplo na súa obra Genres des mouches (Xéneros de moscas, publicada en 1803.[2] Unha das súas obras máis importantes son as ilustracións de Physiognomischen Fragmenten de Johann Caspar Lavater. En total, obras de Schellenberg pódense encontrar en ao redor de 170 libros. Realizou máis de 4 000 ilustracións.[1]

Johann Rudolf Schellenberg casou con Maria Magdalena Hegner en 1766. A parella tivo dous fillos, que tamén foron debuxantes e gravadores, e catro fillas.

Schellenberg describiu a suborde Adephaga, dos coleópteros, en 1806.[3]

Por outra parte, Johann Rudolph Schellenberg tamén formou a numerosos artistas. Entre os seus alumnos están Johann Georg Penzel, Johann Heinrich Lips, Emanuel Steiner e Johann Jakob Biedermann.

Finalmente, morreu en Töss preto de Winterthur.

Obras[editar | editar a fonte]

Unha páxina de Gattungen der Fliegen (1803)
Unha das máis de 4 000 acuarelas de insectos feitas por Schellenberg

Obras propias[editar | editar a fonte]

  • Pour raillerie. 1772.
  • Biblische Geschichte des alten Testaments in Kupfer geätzt. 1774
  • Plantes et arbustes d'agrément. 1791–1794.
  • Sittenlehre in Fabeln und Erzählungen für die Jugend. 1794.
  • Kurze Abhandlung über die Ätzkunst. 1795.
  • Collection choisie de plantes et arbustes. 1797.
  • Das Geschlecht der Land- und Wasserwanzen nach Familien geordnet. 1800.
  • Entomologische Beyträge. 1802.
  • Gattungen der Fliegen. 1803.

Obras con ilustracións de Schellenberg[editar | editar a fonte]

  • Johann Bernhard Basedow: Elementarwerk. 1774.
  • Johann Caspar Lavater: Physiognomische Fragmente. 1775–1778.
  • Johann Heinrich Sulzer: Abgekürzte Geschichte der Insekten. 1776.
  • Johann Kaspar Füssli: Magazin für die Liebhaber der Entomologie. 1778–1779.
  • Johann Caspar Füssli: Archiv für Insektengeschichte. 1778–1786.
  • Johann Jacob Römer: Genera Insectorum Linnaei et Fabricii iconibus illustrata. 1789.
  • Carl Ludwig Willdenow: Historia amaranthorum. 1790.
  • Hans Heinrich Heidegger: Der vernünftige Dorfpfarrer. Geschichte wie sie ist, und wie sie durchgehends seyn sollte. Lesebuch für Landgeistliche und Bauern. 1791.
  • Carl Ludwig Willdenow: Helvetische Entomologie. 1798.
  • Johann Karl August Musäus: Freund Heins Erscheinungen in Holbeins Manier. 1803.

Abrteviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Schellenberg emprégase cora recoñecer a Johann Rudolph Schellenberg cono autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]