Joel Grey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoel Grey

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joel David Katz Editar o valor em Wikidata
11 de abril de 1932 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónHigh School de Beverly Hills (pt) Traducir
Alexander Hamilton High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actor de televisión , director teatral , actor de dobraxe , actor de cinema , bailarín , actor de teatro , fotógrafo , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJo Wilder (1958–1982), divorcio
FillosJennifer Grey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiMickey Katz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRonald A. Katz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjoelgreyphotographer.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0001297 Allocine: 15176 Rottentomatoes: celebrity/joel_grey Allmovie: p28728 TCM: 76612 IBDB: 43105
Musicbrainz: 31e0deaf-7899-4ccf-956a-baaeb6f8513d Songkick: 2111055 Discogs: 382117 WikiTree: Katz-792 Genius: Joel-grey Editar o valor em Wikidata

Joel David Katz, nado en Cleveland (Ohio) o 11 de abril de 1932 é un actor, cantante, bailarín e fotógrafo estadounidense coñecido como Joel Grey.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grey naceu en Cleveland, fillo de Goldie "Grace" Epstein e Mickey Katz, actor, cómico e músico xudeu.[1][2][3] Comezou a súa carreira no teatro infantil a principios da década de 1940.

Grey orixinou a personaxe do mestre de cerimonias no musical de Broadway Cabaret en 1966, papel polo que gañou un Tony e que na súa adaptación cinematográfica tamén lle valeu un Oscar e un Globo de Ouro ao mellor actor secundario, sendo un dos oito actores que gañaron un Tony e un Oscar polo mesmo papel.[4]

Interpretou tamén o mestre de sinanju Chiu en Remo, desarmado e perigoso (1985) e un demo no último episodio da serie Dallas (1991).[5] En 1995 tivo unha actuación especial en Star Trek: Voyager e en 2000 interpretou a Oldrich Novy no filme Dancer in the Dark. Tamén tivo unha personaxe recorrente na serie Buffy the Vampire Slayer como o demo reptiliano Doc en 2001.

É o pai da tamén actriz Jennifer Grey.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1952 About Face Bender
1957 Calypso Heat Wave Alex Nash
1961 Cando chegue setembro Beagle
1972 Cabaret Mestre de cerimonias
1972 Man on a String Telefilme
1974 Man on a Swing Franklin Wills
1976 The Seven-Per-Cent Solution Lowenstein
1976 Buffalo Bill and the Indians, or Sitting Bull's History Lesson Nate Salsbury
1985 Remo, desarmado e perigoso Chiun "Master of Sinanju"
1991 Kafka Burgel
1992 Tom and Jerry: The Movie Narrator
1993 The Music of Chance Willy Stone
1994 The Dangerous Flea
1995 Venus Rising Jimmie
1996 The Empty Mirror Joseph Goebbels
1996 My Friend Joe Simon
1999 A Christmas Carol Pantasma do Nadal pasado
2000 The Fantasticks Amos Babcock Bellamy
2001 Dancer in the Dark Oldrich Novy
2001 Reaching Normal Dr. Mensley
2008 Choke Phil

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joel Grey Biography (1932-)". Film Reference. Consultado o 23 de febreiro de 2014. 
  2. Stratton, Bert (July 25, 2012). "MICKELE : Mickey Katz lives". Cleveland Jewish News.
  3. "KATZ, MEYER MYRON - The Encyclopedia of Cleveland History". Case Western Reserve University. 17 de xullo de 1997.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 02 de xullo de 2015. 
  5. Carter, Bill. "So 'Dallas' is Finally Over. Or Is It?", The New York Times, 6 de maio de 1991, p.C14

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parrish, James Robert; Terrace, Vincent (1989). The Complete Actors' Television Credits, 1948–1988 1. p. 212. ISBN 0-8108-2204-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]