Joe Mantegna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joe Mantegna
Nacemento13 de novembro de 1947
Lugar de nacementoChicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaÍtalo-americanos
Alma máterThe Theatre School at DePaul University e J. Sterling Morton High School East
Ocupacióndirector de cinema, guionista, Actor de dobraxe, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe, produtor de cinema e actor
FillosGina Mantegna
PremiosTony Award for Best Featured Actor in a Play e star on Hollywood Walk of Fame
Na rede
http://joemantegna.com
IMDB: nm0001505 Allocine: 10378 Rottentomatoes: celebrity/joe_mantegna Allmovie: p45196 TV.com: people/joe-mantegna IBDB: 51326
Facebook: joemantegna Twitter: joemantegna MySpace: joemantegna Discogs: 2216621 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joseph Anthony Mantegna, nado en Chicago (Illinois) o 13 de novembro de 1947, é un actor, produtor e director estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mantegna comezou a súa carreira no teatro en 1969 co musical Hair. Gañou un Premio Tony ó mellor actor e un Premio Joseph Jefferson por interpretar Richard Roma en Glengarry Glen Ross, a primeira produción estadounidense de David Mamet, sendo a primeira de moitas colaboracións con Mamet.[1] A súa longa asociación con Mamet inclúe as estreas de A Life in the Theatre, The Disappearance of the Jews e Speed-the-Plow en Broadway. Mantegna tamén dirixiu unha produción de Mamet, Lakeboat, que tivo moito éxito nos teatros dos Ánxeles. Posteriormente tamén dirixiu a adaptación cinematográfica de Lakeboat.[2] Ademais de nas producións teatrais de Mamet, Mantegna apareceu nos filmes House of Games (1987), Things Change (1988), Homicide (1991) e Redbelt (2008).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mantegna's career took a major leap forward in 1974 when he met David Mamet. Hailed as one of the great playwrights of the modern era, Mamet saw Mantegna as the ideal vehicle for his work, partly because they had markedly similar backgrounds." Kristine McKenna. "Things Changing in the Acting Character of Joe Mantegna", Los Angeles Times, October 28, 1988
  2. "Joe Mantegna - National Memorial Day Concert - PBS". www.pbs.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2021.