Saltar ao contido

Joaquim Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquim Arena
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Ilha de São Vicente (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCabo Verde Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , músico , xornalista , avogado Editar o valor em Wikidata

Joaquim Arena, nado na Ilha de São Vicente (Cabo Verde) en 1964, é un escritor luso-caboverdiano en lingua portuguesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de pai portugués e nai caboverdiana, en 1970 a familia vai para Portugal. A comezos da década de 1990, despois de viaxar por Europa, volveu a Lisboa e licenciouse en Dereito e traballou como avogado, músico e xornalista. Dirixiu a revista África hoje de temática lusófona. En 1998 volveu para Cabo Verde, onde funda o diario O cidadão en Mindelo en 1998.[2] Tamén foi conselleiro cultural da Alliance Française. Na cidade da Praia, organizou coloquios e palestras con figuras como Francisco Louçã, Rui Moreira, Clara Ferreira Alves, Pedro Mexia, Francisco José Viegas, José Jorge Letria e Olinda Beja.

Foi conselleiro cultural e de comunicación de 2017 ata 2021 do presidente de Cabo Verde Jorge Carlos Fonseca.[3]

A verdade de Chindo Luz (2006) conta a historia dunha familia caboverdiana que se asenta nos barrios marxinais de Lisboa dos anos setenta do século XX.[2]

Debaixo da Nossa Pele (2017) é un ensaio-reportaxe sobre os seus devanceiros, escravos e traballadores libres dos campos de arroz do Valedo Sado.[1]

Siríaco e Mister Charles (2022) conta a historia de amizade, que decorre na illa de Santiago, en Cabo Verde, no final do século XVIII e inicio do XIX, entre o mozo naturalista Charles Darwin e Siríaco, um vello negro, ex-escravo, que sofre de vitiligo.

O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita (2023) retrata a evoluçión histórica de Cabo Verde e São Tomé e Príncipe,

O 11 de xuño de 2024 Modelo Burela organiza no Instituto Perdouro o II Día da Literatura Caboverdiana cunha lectura continuada da obra Siríaco e Mr. Charles, de Joaquim Arena.[4] O escritor xa visitara Burela acompañando o presidente de Cabo Verde en abril de 2024.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • A verdade de Chindo Luz (2006). Oficina do Livro. 246 páxs. ISBN 9789895551903. Novela.
  • Para Onde Voam as Tartarugas (2010). Caminho. 376 páxs. ISBN 978-9722121132. Novela.
  • Debaixo da Nossa Pele. Uma viagem (2017). Imprensa Nacional Casa da Moeda. ISBN 978-9722725842. En 2022 o libro foi escollido pola DGLAB, Ministério da Cultura e a Embaixada de Portugal en Pequín, para ser traducido e publicado na China.
    • Under Our Skin, a Voyage (2023). Unnamed Press (Los Angeles- USA). Foi elixido pola revista online Words Without Borders, como un dos mellores libros traducidos publicados nos Estados Unidos no ano de 2023.
  • Siríaco e Mister Charles (2022). Quetzal Editores.[7] 272 páxs. ISBN 9789897228261. Novela. Está prevista a publicación no Brasil en 2024 e e en 2025 en Italia e Serbia.
  • O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita (2023). 329 páxs. Imprensa Nacional Casa da Moeda. ISBN 978-972-27-3125-6. Novela.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Arnaldo França 2022 por O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita.[8]
  • Premio Océanos de Literatura 2023, Categoría de Prosa, por Siríaco e Mister Charles (2022).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fidelizarte. "Joaquim Arena". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2024-05-27. 
  2. 2,0 2,1 "Joaquim Arena". Casafrica (en castelán). 2021-08-26. Consultado o 2024-05-27. 
  3. ARENA, JOAQUIM (en castelán). 2022-04-22. 
  4. Diario, Nós (2024-05-22). "Burela celebrará o II Día da Literatura Caboverdiana cunha lectura colectiva". Nós Diario. Consultado o 2024-05-27. 
  5. Press, Europa (2024-04-07). "El presidente de Cabo Verde recorre Burela (Lugo) y Santiago durante su visita a Galicia". www.europapress.es. Consultado o 2024-05-27. 
  6. "Verdad Sobre Chindo Luz (libro del 2008). Escrito por Joaquim Arena. ISBN 9788496687929". La Vanguardia (en castelán). 2022-11-20. Consultado o 2024-05-27. 
  7. Fidelizarte. "Siríaco e Mister Charles por Joaquim Arena". Portal da Literatura (en portugués). Consultado o 2024-05-27. 
  8. "“O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita” de Joaquim Arena será apresentada em Portugal". Expresso das Ilhas (en portugués). Consultado o 2024-05-27. 
  9. "Livro “Siríaco e Mister Charles” de Joaquim Arena vence categoria prosa do Prémio Oceanos". Expresso das Ilhas (en portugués). Consultado o 2024-05-27.