Jorge Carlos Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Carlos Fonseca
2019-05-06 Empfang Jorge Carlos Fonseca-1190.jpg
Nacemento20 de outubro de 1950
Lugar de nacementoMindelo
NacionalidadeCabo Verde
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Lisboa
Ocupacióndiplomático, político, faculty member e escritor
CónxuxeLígia Lubrino Dias Fonseca
PremiosGrã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Grande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique, Grande-Colar da Ordem da Liberdade, Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Order of the Gold Lion of the House of Nassau e Ordem da República da Sérvia
Na rede
http://presidencia.cv
Assi Jorge Carlos Fonseca OK.jpg
editar datos en Wikidata ]

Jorge Carlos de Almeida Fonseca, nado en Mindelo o 20 de outubro de 1950, é un político, xurista e profesor universitario caboverdiano, que foi presidente da República de Cabo Verde entre 2011 e 2021.

Gañou as eleccións presidenciais de 2011 apoiado polo Movemento para a Democracia (MpD) e foi reelixido nas eleccións presidenciais de 2016, tamén apoiado polo mesmo partido.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi candidato a Presidente da República nas eleccións de 2001, concorrendo contra Pedro Pires, que resultou vencedor. Volveuse presentar como candidato nas eleccións do 7 de agosto de 2011, desta vez apoiado polo MpD, e venceu tanto na primeira volta (co 38% dos votos) como na segunda (co 54,16%), contra o candidato apoiado polo Partido Africano da Independencia de Cabo Verde (PAICV), Manuel Inocêncio Sousa. Converteuse así no cuarto presidente da historia de Cabo Verde dende a independencia e o segundo non pertencente ao PAICV.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Jorge Carlos Fonseca". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  2. "Resultados — Eleccións presidenciais de Cabo Verde, 2011". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019.