Joaquín Nin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joaquín Nin
Joaquín Nin.png
Joaquín Nin en torno a 1912.
Nome completoJoaquín Nin Castellanos
Nacemento19 de maio de 1879
 A Habana, Flag of Spain (1785–1873, 1875–1931).svg Imperio Español
Falecemento24 de outubro de 1949 (70 anos)
 A Habana, Flag of Cuba.svg Cuba
NacionalidadeEspaña e Cuba
Educado enSchola Cantorum de Paris
Instrumento(s)Piano
PaiJoaquim Nin i Tudó
Parella/sRosa Culmell
FillosJoaquín Nin-Culmell, Anaïs Nin e Thorvald Nin-Culmell
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Nin y Castellanos, nado na Habana o 29 de setembro de 1879 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1949, foi un compositor, pianista e musicólogo cubano-español.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joaquín Nin naceu na Habana, daquela pertencente ao Imperio español, fillo do escritor catalán en lingua castelá Joaquín Nin i Tudó. Estudou en Barcelona con Carles G. Vidiella e Felip Pedrell, con quen tivo unha longa amizade.[2] Interviu na quinta Festa Modernista de Sitges en 1898 cun concerto de piano. Posteriormente trasladouse a París, onde estudou con Moritz Moszkowski e posteriormente con Vincent d'Indy na Schola Cantorum de Paris, onde logo ensinou de 1905 a 1908.

En 1909 foi nomeado profesor honorario da universidade nova de Bruxelas. A súa carreira como pianista obrigouno a residir en Bruxelas (1908-1910) e en Berlín. En 1911 regresou á Habana, onde fundou un conservatorio e unha sociedade de concertos, de vida efémera. Residiu novamente en Bruxelas, e en 1913 vai a París. Ao comezar a Primeira Guerra Mundial regresou á Habana.

Como pianista, interpretou obras dos antigos compositores de tegra, especialmente do século XVIII, viaxando por toda Europa como solista difundindo esa música. Tamén publicou libros de cancións españolas e ensaios polémicos.

Casou con Rosa Culmell, unha cantante de ópera da que se divorciou máis tarde e coa que tivo tres fillos: Thorvald Nin, que se adicou aos negocios, Joaquín Nin-Culmell, que tamén foi compositor, e a recoñecida escritora Anaïs Nin, que chegou a ser a máis coñecida dos seus fillos, debido á publicación dos seus famosos Diarios.

Foi amigo de Maurice Ravel e un dos testemuños da xénese do Bolero en 1928. Foi membro da Academia Española e recibiu en Francia a Lexión de Honor.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

As súas composicións non son moi numerosas e teñen unha forte influencia nacionalista española, aínda que tamén compuxo varias pezas de de danzas cubanas. Destacan entre outras:

Pezas para voz e piano
  • 20 Cantos españoles (1923)
  • 10 Noëls espagnols (1932)
Ballet
  • L'écharpe bleue (1937)
Pezas para violín e piano
  • Au jardin de Lindaraja pour violon et piano (1927)
  • 5 Comentarios pour violon et piano (1929)
  • Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza)
Pezas para violonchelo e guitarra
  • Suite española
Pezas para piano
  • Danse ibérienne (1926)
  • Message à Debussy (1929)
  • Chaîne de valses (1929)
  • « 1830 » variaciones (1930)
  • Berceuse pour les orphelins d'Espagne (1939)
Música de cámara
  • Au jardin de Lindaraja (1927)
  • Rhapsodie ibérienne (1930)

Obras literarias[editar | editar a fonte]

Escribiu libros sobre cuestións musicais como:

  • Pour l'art (1909)
  • Idées et commentaires (1912)

Homenaxes póstumas[editar | editar a fonte]

Joaquín Nin aparece como personaxe dentro da novela La isla de los amores infinitos (Grijalbo, 2006), da escritora cubana Daína Chaviano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Generalitat de Cataluña, ed. (2012). "Els intèrprets catalans". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2013. 
  2. "Pedrell i els pianistes catalans a Paris" Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., de Montserrat Bergadà, publicado en Recerca Musicològica XI-XV, 1991-1992, p. 243-257.
  3. Taylor, Deems. "Dictionary of Musicians". Music Lovers' Encyclopedia. 4th ed. 1950. Important works for Violin and Piano: Seguida Española (Vieja Castilla, Murciana, Catalana, Andaluza), En el Jardin de Lindaraja,

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Theodore Baker et Nicolas Slonimsky (trad. Marie-Stella Pâris, préf. Nicolas Slonimsky), Dictionnaire biographique des musiciens [« Baker's Biographical Dictionnary of Musicians »], t. 2 : H-O, Paris, Robert Laffont, coll. « Bouquins », 1995 (réimpr. 1905, 1919, 1940, 1958, 1978), 8e éd. (1re éd. 1900), 4728 p. (ISBN 2-221-06787-8), p. 2984

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]