Joan Oriol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoan Oriol

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Cambrils, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso69 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoLateral (pt) Traducir e defensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo3 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2007 Club de Futbol La Pobla de Mafumet
2006-2007cesión Club de Futbol Reus Deportiu 33(0)
2007-2008 CF Gavà 34(2)
2008-2010 Villarreal Club de Fútbol B 71(3)
2010-2013 Villarreal Club de Fútbol 50(0)
2013-2014 Club Atlético Osasuna 11(0)
2014-2014 Blackpool F.C. 11(0)
2014-2015 Blackpool F.C. 11(0)
2015- Real Club Deportivo Mallorca
2015-2015 Rapid București (pt) Traducir 13(0) Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEduard Oriol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

UEFA: 250021663 Editar o valor em Wikidata

Joan Oriol Gràcia, nado en Cambrils o 5 de novembro de 1986, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Cambrils, xogou no La Pobla de Mafumet, no Reus e no Gavà, antes de ingresar no Villarreal B en 2008. Co filial amarelo logrou o ascenso á Segunda División na súa primeira tempada, contribuíndo con 32 partidos e 2 goles. Debutou co primeiro equipo do Villarreal o 6 de xaneiro de 2010, sendo titular ante Celta de Vigo nos oitavos de final da Copa do Rei.[1] O 27 de novembro do mesmo ano disputou o seu primeiro partido na Primeira División, nunha vitoria por 3-0 diante do Zaragoza.

Na tempada 2010/11 subiu definitivamente ao primeiro equipo, co que sufriu un descenso a Segunda, seguido dun novo ascenso. Disputou un total de 65 encontros co primeiro equipo do club groguet, ata que xullo de 2013 asinou con Osasuna.[2]

Xogou 14 partidos co club navarro, co que tamén acabou descendendo. En 2014 fichou polo Blackpool do Championship inglés, onde se reencontrou co seu irmán xemelgo Eduard.[3] Con todo, o seu contrato foi rescindido en xaneiro.[4]

O 4 de xullo de 2015, despois dun breve paso polo Rapid București de Romanía, asinou un contrato de dous anos co Mallorca.[5] Xogou 64 partidos co equipo balear, descendendo na súa segunda tempada á Segunda División B. En agosto de 2017 ingresou no Atromitos de Grecia.[6]

Regresou a Cataluña en xaneiro de 2018, fichando polo Cornellà de Segunda B. Nos seguintes anos vestiu as camisetas do Lleida Esportiu e do Gimnàstic de Tarragona.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu irmán xemelgo Eduard tamén foi futbolista. Xogaba como extremo e ambos coincidiron no mesmo equipo en varias ocasións.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Madrigal dictará sentencia". Marca (en castelán). 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  2. M. de Zúñiga, Uxue (2 de xullo de 2013). "Joan Oriol: "Osasuna no se va a arrepentir de haberme fichado"". As (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  3. "Blackpool: Joan Oriol joins after leaving Spanish club Osasuna". BBC (en inglés). 4 de agosto de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  4. "Oriol twins exit Bloomfield Road" (en inglés). 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  5. "Joan Oriol un nuevo refuerzo para el Real Mallorca" (en castelán). 7 de xullo de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  6. "Ανακοίνωσε Οριόλ ο Ατρόμητος" (en grego). 28 de agosto de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  7. "Joan Oriol, nou jugador grana" (en catalán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  8. "Edu y Joan Oriol: tú al Barça, yo al Villarreal". Mundo Deportivo (en castelán). 29 de decembro de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2023.