Joan Alavedra
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1896 Barcelona, España |
| Morte | 2 de novembro de 1981 El Raval, España |
| 4º Institut del Teatre director (Barcelona) | |
| 1936 – 1939 (destitución dun cargo) ← Enric Giménez i Lloberas – Guillermo Díaz-Plaja → | |
| 2º Institut del Teatre director (Barcelona) | |
| 1934 – outubro de 1934 (destitución dun cargo) ← Adrià Gual – Enric Giménez i Lloberas → | |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, poeta, xornalista, tradutor |
| Familia | |
| Fillos | Macià Alavedra |
Joan Alavedra i Segurañas, nado en Barcelona en 1896 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1981, foi un escritor e xornalista catalán. Foi secretario da presidencia da Generalitat de Cataluña entre 1931 e 1934, durante as presidencias de Francesc Macià e Lluís Companys. No exilio, viviu en Prades (Francia), onde se encontraba decotío con Pompeu Fabra e a quen lle adicou un retrato literario en Personatges inoblidables (Barcelona, 1968). Foi biógrafo de Pau Casals, quen musicalizou, en forma de oratorio, o libro de Alavedra Poema del pessebre [1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autodidacta, iniciou a súa actividade xornalística en Ràdio Barcelona. Os guións da súa actividade en Ràdio Barcelona foron publicados na recompilación "El fet del dia" (1935). A súa obra principal é o "Poema del pessebre" (1948), a partir do cal Pau Casals compuxo o oratorio El Pessebre. É autor dunha biografía de Pau Casals publicada en 1962 e dunha obra de divulgación adicada ao público infantil e xuvenil ("L'extraordinària vida de Pau Casals", 1970). Outras obras publicadas son "Conxita Badía. Una vida d'artista" (1975), "Pelegrins en Montserrat i altres escrits" (1971) e a biografía de Francesc Macià "Francesc Macià. El camí cap a la Presidència de la Generalitat, 1859-1926".
Na súa xuventude compartiu amizade e tertulias políticas e culturais con Joan Salvat-Papasseit e Emili Eroles.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Un dos seus fillos foi Macià Alavedra i Moner, ex-dirixente de CDC e Conseller de Governació e de Economía e Finanzas da Generalitat de Cataluña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cartes de Pompeu Fabra a l'exili, de Jordi Manent i Tomàs, publicado en AUSA · XIX · 145 (2000) p. 217-236.
- ↑ Esbós per a una biografia de Joan Salvat-Papasseit, de Tomàs Garcés, 1962. Publicat a Joan Salvat-Papasseit - Obra Completa, edició a cura de Carme Arenas Noguera, Cercle de Lectors / Galàxia Gutenberg, 2006.