Jioji Konrote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jioji Konrote
Jioji Konrote December 2017.jpg
Nacemento26 de decembro de 1947
 Rotuma Island
NacionalidadeFidxi
EtniaRotuman people
RelixiónIgrexa Adventista do Sétimo Día
Alma máterJohn F. Kennedy School of Government e Natabua High School
Ocupacióndiplomático, político e oficial
PremiosCruz Militar e Orde de Fidxi
editar datos en Wikidata ]

Jioji Konousi "George" Konrote, nado en Rotuma o 26 de decembro de 1947, é un militar retirado e político fidxiano, actual presidente de Fidxi desde 2015.

Despois de mandar unha misión de mantemento da paz no Líbano, Konrote exerceu como alto comisario de Fidxi en Australia de 2001 a 2006, como ministro de Estado para a Inmigración brevemente en 2006 e como ministro de Oportunidades de Emprego, Produtividade e Relacións Industriais entre 2014 e 2015. É o primeiro presidente que non é iTaukei, o primeiro adventista do sétimo día e o primeiro presidente elixido polo parlamento, xa que os anteriores foran seleccionados polo Gran Consello de Xefes.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Konrote é natural da illa de Rotuma. Os seus días como alumno na Escola Natabua de Lautoka, están descritos no premiado libro Kava in the Blood de Peter Thomson.

Soldado de carreira, Konrote alistouse nas Forzas Armadas de Fidxi en 1966 e adestrouse coas forzas armadas de Nova Zelandia e Australia, estudando en institucións como o Colexio Australiano de Estudos de Defensa e Estratexia, a Academia das Forzas Armadas Australianas en Canberra, (onde se converteu en Fellow en 1996), e a Kennedy School of Government da Universidade de Harvard no ano 2000.

Ascendendo de rangos no exército de Fidxi, comandou a batallóns de soldados fidxianos durante a campaña da UNIFIL e, posteriormente, foi nomeado vicecomandante na operación UNIFIL, e finalmente comandante e subsecretario xeral das Nacións Unidas no Líbano. En recoñecemento ás súas contribucións nestes campos, Konrote foi galardoado coa Medalla da Paz da UNIFIL (1978), a Cruz Militar do Reino Unido (1982), a Orde do Mérito de Italia (1997), a Orde do Cedro (Líbano, 1999) e a Orde de Fidxi (1997).

Carreira diplomática e política[editar | editar a fonte]

Entre 2001 e 2006, Konrote exerceu como Alto Comisionado de Fidxi en Australia. Despois do seu nomeamento, equivalente ao de embaixador, que expirou a finais de marzo de 2006, foi elixido para representar a Constitución Comunal Rotuma nas eleccións de 2006,[3] e posteriormente foi nomeado Ministro de Estado de Inmigración e Veteranos no goberno de Laisenia Qarase. O seu papel neste posto terminou bruscamente cando o goberno foi deposto nun golpe militar dirixido polo comodoro Frank Bainimarama o 5 de decembro de 2006.

A pesar de servir no goberno de Qarase, Konrote converteuse en candidato no partido de Bainimarama, FijiFirst, nas eleccións de 2014,[4] obtendo 1.585 votos. Foi nomeado Ministro de Oportunidades de Emprego, Produtividade e Relacións Industriais en setembro de 2014.[5]

O 12 de outubro de 2015, Konrote dimitiu do parlamento tras ser elixido presidente de Fidxi.[6] Xurou como presidente o 12 de novembro de 2015.[7][8] O príncipe Harry e Meghan Markle cearon co voceiro do parlamento Jiko Luveni, o presidente Jioji Konrote e a primeira dama Sarote, o 23 de outubro de 2018.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adventist Elected as President of Fiji" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  2. "An Adventist is named president-elect of Fiji" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  3. "New Fiji MP yet to decide who to support" (en inglés). 17 de maio de 2006. Consultado o 20 de abril de 2020. 
  4. "FijiFirst completes election candidate list" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  5. "20-member Cabinet announced" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  6. "Fiji Parliament elects new President" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  7. "Fiji swears in new president" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  8. "Fiji's first Adventist president is officially sworn in." (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2020. 
  9. "Harry and Meghan Fiji visit: Duke and Duchess look forward to meeting many Fijians" (en inglés). 23 de outubro de 2018. Consultado o 20 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]