Jim Craig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jim Craig
Información persoal
Nacido 7 de maio de 1943
Lugar Glasgow
Posición lateral

James Philip Craig, nado en Glasgow o 7 de maio de 1943), coñecido polos seus achegados coma Cairney, foi un xogador de fútbol escocés, un dos Lisbon Lions.

Chegou ó Celtic de Glasgow asinando un contrato de afeccionado no 1963 para se converter en profesional o 7 de xaneiro de 1965. Dende entón e ata o seu retiro vestiu a camisola verdibranca nun total de 231 ocasións metendo 6 goles. Este xogador escocés desenvolvía a demarcación de lateral dereito.

A pesar dos grandes fitos acadados co Celtic, só puido te-la oportunidade de xogar para a Selección escocesa de fútbol nunha ocasión sendo un encontro de clasificación pra a Eurocopa de 1968 contra o País de Gales co resultado final de 3-2 para os escoceses.

É rechamante o feito de que despois de pasaren uns anos dende a consecución da Copa de Europa se retirara do fútbol para dedicarse enteiramente ó seu grande soño, ser odontólogo.