Jesús Varela Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Varela Martínez
Biografía
Nacemento14 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata
Cuíña, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ortigueira
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Varela Martínez, nado en Cuíña (Ortigueira) o 14 de maio de 1940 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2020, foi un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concelleiro de Ortigueira da Candidatura Independiente Ortegana encabezada por José Antonio Franco Cerdeira nas eleccións municipais de 1983, foi primeiro tenente de alcalde. Logo da dimisión de José Antonio Franco, foi elixido alcalde de Ortigueira o 12 de decembro en 1985.[1] Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu repetir a maioría absoluta nas municipais de 1995. Finou en Ortigueira o 26 de decembro de 2020.[2][3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Sansegundo Rodríguez e foi pai de Guillermo, Jesús e Carlos Varela Sansegundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 15-12-1985, p. 37.
  2. Falleció Jesús Varela Martínez, ex alcalde de Ortigueira
  3. La Voz de Galicia, 26-12-2020, p. 48.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Antonio Franco Cerdeira
 
Alcalde de Ortigueira
 
1985 - 1999
Sucesor:
Antonio Campo Fernández