Antonio Campo Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Ponte de Domingos Flórez, España |
Alcalde de Ortigueira | |
1999 – 20 de outubro de 2007 (dimisión) ← Jesús Varela Martínez – Rafael Girón Martínez → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Premios | |
|
Antonio Campo Fernández, nado en Ponte de Domingos Flórez, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a Ortigueira a finais dos anos setenta para traballar na industria familiar de extracción de lousa, que posteriormente dirixiu. Nas eleccións municipais de 1999 foi elixido alcalde de Ortigueira polo PPdeG. Volveu ser elixido con maioría absoluta nas municipais de 2003 e nas de 2007. En agosto de 2007 foi denunciado como administrador da canteira ilegal de Muras que subministrou cuarcita a obras públicas como a Cidade da Cultura[1].
Tralas eleccións municipais de 2007, gañadas pola Partido Popular, foi elixido novamente alcalde, pero o 20 de outubro de 2007 renunciou á alcaldía "por motivos profesionais e persoais"[2].
Predecesor: Jesús Varela Martínez |
Alcalde de Ortigueira 1999 - 2007 |
Sucesor: Rafael Girón Martínez |
Distincións
[editar | editar a fonte]Foi nomeado fillo adoptivo de Ortigueira en 2008.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El alcalde de Ortigueira explota la cantera ilegal que surte a la Cidade da Cultura
- ↑ "El alcalde de Ortigueira, Antonio Campo, presenta su dimisión por ´motivos profesionales y personales". La Opinión de A Coruña. 5 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2011.
- ↑ AGN (11 de outubro de 2008). "Ortigueira nomea 'Fillo Adoptivo' a Antonio Campo". Diario de Pontevedra.