Jesús María Barrientos Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús María Barrientos Antelo
 Añobres
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Jesús María Barrientos Antelo, nado en Añobres (Moraime, Muxía), é un empresario e político galego. Foi alcalde de Muxía 14 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empresario da construción. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas en Muxía encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1983 pola Coalición Popular e nas de 1987 pola CPG, ambas cunha ampla maioría absoluta. Nas eleccións de 1991 preséntase polo PSdeG-PSOE gañando novamente, pero sen maioría absoluta, polo que perde a alcaldía tras apoiar os concelleiros do PPdeG ó único edil do BNG. De novo candidato do PSdeG nas municipais de 1995, logra recuperar a alcaldía grazas a que desta vez logrou o apoio do BNG, pero en setembro dese mesmo ano vese obrigado presentar a súa renuncia á alcaldía tras ser inhabilitado. Tras isto abandonou a política momentaneamente, pero tras cumprir a súa inhabilitación volveu presentarse como independente na candidatura do CDI nas municipais de 2003, sendo o único concelleiro elixido por esa formación. En 2007 abandonou a política para dedicarse á súa empresa.


Predecesor:
-
 Escudo de Muxia.svg
Alcalde de Muxía
 
1979 - 1991
Sucesor:
Xoán Bautista Pose Paz
Predecesor:
Xoán Bautista Pose Paz
 Escudo de Muxia.svg
Alcalde de Muxía
 
1995
Sucesor:
Alberto Blanco Rodríguez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]