Jerry Seinfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJerry Seinfeld

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jerome Allen Seinfeld Editar o valor em Wikidata
29 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Brooklyn (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónQueens College
State University of New York at Oswego (pt) Traducir
Massapequa High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonologuista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado8.000.000 $ (2015) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJessica Seinfeld (1998–)
ParellaShoshanna Lonstein Gruss (pt) Traducir (1993–1997) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webjerryseinfeld.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000632 Allocine: 35326 Rottentomatoes: celebrity/jerry_seinfeld Allmovie: p64376 TCM: 343492 Metacritic: person/jerry-seinfeld TV.com: people/jerry-seinfeld IBDB: 6730
Facebook: JerrySeinfeld Twitter: JerrySeinfeld Instagram: jerryseinfeld Musicbrainz: 27cd1225-3fa2-4ec6-bba9-ef5c1f09cbcc Songkick: 303547 Discogs: 558436 WikiTree: Seinfeld-1 Editar o valor em Wikidata

Jerome Allen "Jerry" Seinfeld[1] (nado o 29 de abril de 1954, Brooklyn, Nova York), é un comediante en vivo, actor e escritor estadounidense. Lembrado pola súa participación na serie de comedia para televisión Seinfeld, transmitida de 1989 ata o 1998.

Biografía[editar | editar a fonte]

A popularidade de Jerry Seinfeld reside nun tipo de humor baseado na observación de feitos cotiáns. Nacido en Brooklyn, criado en Massapequa, o seu interese pola comedia empezou cando tiña oito anos e mirando a televisión sentía fascinado ao pensar que a alguén lle pagasen por facer rir aos demais. A Seinfeld sempre lle gustou máis a actuación fronte a unha audiencia en vivo que na televisión dicindo: Souben que ía ser un comediante a unha moi temperá idade, recordo que unha vez fixen rir a un amigo tan forte que me guindou un bocado de biscoitos e leite encima. E encantoume. Ese foi o principio. El empezou nos clubs nocturnos a partir do momento en que se graduou da Universidade de Queens. En principio dedicouse a facer presentacións gratuítas, só para perfeccionar a súa actuación.

Naqueles momentos para sobrevivir recorreu a unha variedade de traballos estraños como vender ilegalmente lámpadas de luz por teléfono e vender xoias falsas na rúa. A pesar de todo nunca perdeu o seu soño: Toda a miña vida estiven tratando de rirme... estou obsesionado con ese movemento. Cando estás a rir, deixaches o teu corpo, deixaches o planeta... é unha experiencia incrible. O seu traballo rendeu froitos cando se converteu nun invitado regular do programa Late Night With David Letterman e The Tonight Show. O seu primeiro especial foi Jerry Seinfeld's Stand-up Confidential, transmitido en HBO durante 1987 e 1988. Na primavera de 1991 Jerry foi o condutor de Spy TV: How To Be Famous para a canle NBC e Aspen Comedy Festival para Showtime.

En 1989 déronlle a oportunidade de ter a súa propia comedia nunha canle. Co seu compañeiro Larry David (que foi usado como modelo para o neurótico George Costanza) presentaron a idea dun programa acerca de nada dedicando cada media hora do programa a sucesos triviais. O programa foi aceptado e ao principio chamábase Seinfeld Chronicles, pero despois pasouse a chamar simplemente Seinfeld.

Seinfeld é coñecido polo seu humor de observación, xeralmente acerca das relacións entre persoas e o incómodo coas obrigacións sociais. O Comedy Central considerouno un dos 12 máis importantes comediantes stand-up da historia no seu especial The 100 Greatest Standups Of All Time.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografia de Jerry Seinfeld en Internet Movie Database
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 15 de xuño de 2012.