Jeronim Isidor Chimy
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1919 Radway, Canadá (en) |
Morte | 19 de setembro de 1992 (73 anos) Vancouver, Canadá |
Bispo diocesano | |
27 de xuño de 1974 – Diocese: Eparquia de New Westminster (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Universidade Pontificia Lateranense |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1974–), sacerdote católico (1944–) |
Consagración | Maksym Hermaniuk |
Jeronim Isidor Chimy, nado o 12 de marzo de 1919 en Radway (Canadá) e finado o 19 de setembro de 1992 en Vancouver (Canadá), foi un eclesiástico canadense greco-católico ucraíno, 1º bispo de New Westminster dende o 27 de xuño de 1974 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de ucraínos, fillo de Evstafii Chimy e Anna (de apelido de solteira Yahniy). Ao rematar a súa educación, uniuse á Orde de San Basilio Magno, facendo a profesión solemne o 27 de xullo de 1941. Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1944 logo de completar os estudos teolóxicos. Posteriormente marchou a Roma, onde doutorouse en Dereito canónico en 1966 pola Pontificia Universidade Lateranense. En Roma, entre 1961 e 1974 traballou na curia xeral dos basilianos, e a partir de 1966 foi tamén reitor do Pontificio Colexio Ucraíno de San Xosafat.[1]
O 27 de xuño de 1974 foi nomeado por Paulo VI bispo da nova eparquía de New Westminster. Recibiu a consagración episcopal o 5 de setembro de 1974 de mans de Maksym Hermaniuk. Exerceu o cargo até o seu pasamento en Vancouver o 19 de setembro de 1992.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Блажейовський, Дмитро (1996). Ієрархія Київської Церкви (861—1996) (en ucraíno). Lviv: Каменяр. p. 351.