Jeff Xavier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jeff Xavier
Cáceres Ciudad del Baloncesto
Escolta
Información persoal
Nacemento 7 de setembro de 1985 (35 anos)
Estados Unidos Pawtucket, Estados Unidos
Nacionalidade Cabo Verde Cabo Verde
Altura 1,86 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Información da carreira
Universidade Providence
Internacional Cabo Verde
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Leite Río Breogán (2009−2010)
Cáceres (2010−2011)
Palencia Baloncesto (2011−2012)
Atapuerca Burgos (2012−2013)
Ford Burgos (2013−2015)
Medi Bayreuth (2015−2016)
Breogán (2016)
FC Porto (2016−2017)
UJAP Quimper 29 (2017−2018)
Básquet Coruña (2018−2020)
Cáceres (2020−presente)
Premios e galardóns
1× Máximo anotador do Campionato de África de seleccións (2009)

Jeffrey Nunes Xavier, nado o 7 de setembro de 1985 en Pawtucket (Rhode Island, Estados Unidos), é un xogador profesional de baloncesto internacional caboverdiano que xoga no Cáceres Ciudad del Baloncesto da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 1,86 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jeff Xavier graduouse no instituto St. Raphael Academy da súa cidade de natal, Pawtucket, en 2004, recibindo unha bolsa para xogar ao ano seguinte coa Universidade de Manhattan na NCAA. As súas boas actuacións nesa universidade fixéronlle chegar unha oferta da Universidade de Providence, á cal non rexeitou. Segundo o regulamento da competición o troco de universidade supón unha penalización dun ano sen xogar, tempo que se adicou a adestrar, para finalmente poder xogar dúas temporadas cos Providence Friars.

Finalizada a súa etapa universitaria recibiu unha oferta do "Orlando National Tournament", incorporándose despois á selección nacional de Cabo Verde, coa que disputou o torneo "African Championships in Libya", conseguindo ser finalmente máximo anotador do campionato con 27,2 puntos por encontro. Posteriormente sería contrato para xogar na Liga LEB polo Club Baloncesto Breogán de Lugo, onde na tempada 2009-2010 conseguiu media de 12,9 puntos, 1,9 rebotes e 1,5 asistencias por encontro.

O 28 de novembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe polo Básquet Coruña para o resto da tempada 2018-19.[1] Tras tempada e media na Coruña, Xavier anunciou a súa marcha do equipo laranxa.[2]

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]