Saltar ao contido

Jean du Bellay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean du Bellay

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1492 Editar o valor en Wikidata
Souday, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1560 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic Archbishop of Bordeaux (en) Traducir
1558 – 1560
← François de Mauny (pt) TraducirAntoine Prévost de Sansac (en) Traducir →
Decano do Colexio dos Cardeais
1555 (Gregoriano) – 1560 (Gregoriano)
← Paulo IVFrançois de Tournon →
Cardinal-Bishop of Frascati (en) Traducir
29 de novembro de 1551 – 11 de decembro de 1553
← Paulo IVRodolfo Pio (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Frascati (pt) Traducir
Cardeal bispo diocese de Albano
1550 (Gregoriano) – 1553 (Gregoriano)
← Ennio Filonardi (pt) TraducirRodolfo Pio (pt) Traducir →
Roman Catholic Archbishop of Bordeaux (en) Traducir
1544 – 1553
← François de Mauny (pt) Traducir
Bispo diocesano
1 de novembro de 1542 – 27 de xullo de 1556
← René du Bellay (en) TraducirCharles d'Angennes de Rambouillet →
Diocese: Diocese de Le Mans (pt) Traducir
Bishop of Le Mans (en) Traducir
1542 – 1556
← René du Bellay (en) TraducirCharles d'Angennes de Rambouillet →
Bishop of Limoges (en) Traducir
1541 – 1544
← Jean de Langeac (pt) TraducirAntoine Sanguin de Meudon (pt) Traducir →
Bispo diocesano
16 de setembro de 1532 – 16 de marzo de 1551
← François Poncher (pt) TraducirEustache du Bellay (en) Traducir →
Roman Catholic bishop of Paris (en) Traducir
1532 – 1551
← François Poncher (pt) TraducirEustache du Bellay (en) Traducir →
Bispo diocesano
12 de febreiro de 1524 –
← Hector of Ailly-Rochefort (en) TraducirÉtienne Poncher (pt) Traducir →
Governador perpétuo da cidade de Velletri (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1524–), diplomático, sacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de setembro de 1559conclave de 1559
15 de maio de 1555Conclave de maio de 1555 (pt) Traducir
5 de abril de 1555Conclave de abril de 1555 (pt) Traducir
29 de novembro de 1549Conclave de 1549–1550 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLouis du Bellay Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Jean du Bellay, nado en 1492 ou 1498 en Souday e morto o 16 de febreiro de 1560 en Roma, foi un eclesiástico e diplomático francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo de Louis du Bellay e de Marguerie de la Tour-Landry e irmán de Guillaume du Bellay e de Martin du Bellay. Gozou do favor de Francisco I, quen o elevou ás máis altas dignidades, e confioulle importantes asuntos. Foi bispo de Baiona (1526-1532) e de París (1532-1541), foi tamén abade de Fontaine-Daniel desde 1552 ata a súa morte.

Foi en 1527 e de novo en 1533 embaixador diante Henrique VIII, quen ameazaba con romper con Roma de non conseguir o divorcio de Catarina de Aragón; du Bellay foi a Roma para intentar chegar a un compromiso entre o rei inglés e o papa Clemente VI, pero este finalmente excomunga ó inglés co apoio de Carlos V provocando o cisma de Inglaterra.

Embaixador diante Paulo III, quen o fixo cardeal o 21 de maio de 1535. Tralo desembarco de Carlos V na Provenza cun numeroso exército, Francisco I sae ó seu encontro, deixando ó cardeal Bellay en París co título de tenente xeneral e comandante da Picardía e de Champaña. Polos seus servizos Francisco I nomeouno en 1541 bispo de Limoges, en 1544 arcebispo de Bordeos e en 1546 bispo de Le Mans. Du Bellay protexeu e cultivou as letras e con Guillaume Budé convenceu ó rei para fundar o Collège de France. Despois de 1547 o cardeal du Bellay caeu en desgraza e foi privado do seu rango e creto polas intrigas do cardeal de Lorrena. Retirouse a Roma, co título de bispo de Ostia, construíu un gran palacio como residencia e tras a morte do papa Marcelo II logrou 8 votos no conclave que elixiu papa a Xulio III.

François Rabelais serviuno un tempo como o seu secretario e médico.[1]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Du Bellay escribiu tres libros de poesía latina que publicou de forma conxunta en 1546, unha apoloxía en latín do rei de Francia Francisci (primi) Francorum régis Epistola apologetica 1542, in-8°; traducido ó francés, 1545, Joannis cardinalis Bellaii, Francisci Olivarii et Africani Mallcii, Francisci I legatorum, Orationes duce, nec non pro eodem rege Defensio adversus Jacobi Omphalii maledicta, 1544, e unha nova apoloxía, desta volta en francés, Apologie de François Ier de France|François Ier, publicada en 1546.

  1. Acompañouno a Roma dúas veces, en 1534 e en 1547.