Jean Ranc
Jean Ranc | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de xaneiro de 1674 |
Lugar de nacemento | Montpellier |
Falecemento | 1 de xullo de 1735 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | pintor |
Cónxuxe | Marguerite Elisabeth Rigaud |
Coñecido por | Retrato de uma senhora, The Family of Philip V e Vertumne and Pomona |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Jean Ranc, nado en Montpellier o 28 de xaneiro de 1674 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1735, foi un retratista barroco francés, que serviu na corte de Luís XV de Francia e de Filipe V de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alumno e seguidor de Hyacinthe Rigaud, desde 1723 colocouse como pintor de cámara na corte do monarca español Filipe V, de orixe francesa.
Mantivo serias disputas co seu colega Michel-Ange Houasse por celos artísticos e desexos de sobresaír na Corte. O incendio do Alcázar de Madrid, ocorrido no Nadal de 1734, que destruíu por completo a antiga residencia dos Austrias, iniciouse na habitación de Ranc, que tiña problemas de visión. No lugar que ocupaba dito edificio construíuse o actual Palacio Real de Madrid. Jean Ranc morreu seis meses despois do incendio, sumido nunha forte depresión.
A súa obra Vertumno e Pomona (Montpellier, Museo Fabre), arquetipo da beleza barroca no século XVIII, puido ter inspirado algún dos cartóns para tapices de Francisco de Goya, como O parasol.
Galería[editar | editar a fonte]
Retrato ecuestre de Filipe V, Museo do Prado.
Retrato do pintor François Verdier.
O rei Luís XV de Francia.
O rei Carlos III de España.
Filipe V en 1723. Museo do Prado.
Filipe I de Parma neno.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Ranc |