Jean-Marie Lustiger
Jean-Marie Lustiger | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 17 de setembro de 1926 en París, Francia |
Pasamento | 5 de agosto de 2007 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 17 de abril de 1954, por Emile-Arsène Blanchet |
Consagración episcopal | 8 de decembro de 1979, por Gabriel Auguste François Marty |
Arcebispo metropolitano de París | |
1981 - 2005 | |
Predecesor | Gabriel Auguste François Marty |
Sucesor | André Armand Vingt-Trois |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Jean-Marie Lustiger, nado en París (Francia) o 17 de setembro de 1926 e finado o 5 de agosto de 2007, foi un eclesiástico católico latino francés, cardeal e arcebispo metropolitano de París entre 1981 e 2005.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu como Aaron Lustiger nunha familia xudía asquenací. En marzo de 1940 converteuse ó catolicismo, e foi bautizado o 21 de agosto. Estudou Literatura na Universidade de París, onde graudouse en 1946, e entrou no seminario dos carmelitas de París.
O 17 de abril de 1954 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de París por Emile-Arsène Blanchet.
O 10 de novembro de 1979 foi nomeado bispo de Orleáns. Recibiu a consagración episcopal o 8 de decembro, de mans do arcebispo de París Gabriel Auguste François Marty, e tivo como co-consagradores principais a Eugène-Marie Ernoult e a Daniel-Joseph-Louis-Marie Pézeril.
O 31 de xaneiro de 1981 foi nomeado arcebispo metropolitano de París, e o seguinte 12 de marzo ordinario de Francia para os fieis de rito oriental.
O 2 de febreiro de 1983 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi Marcellino e Pietro. O 26 de novembro de 1994 recibiu o título de Cardeal-Presbítero de San Luigi dei Francesi.
Retirouse como arcebispo de París o 11 de febreiro de 2005, e como ordinario de Francia o 14 de marzo. Finou o 5 de agosto de 2007.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Guy-Marie-Joseph Riobé |
Bispo de Orleáns 1979 - 1981 |
Sucesor: René Lucien Picandet |
Predecesor: Gabriel Auguste François Marty |
Arcebispo metropolitano de París 1981 - 2005 |
Sucesor: André Armand Ving-Trois |
Predecesor: Gabriel Auguste François Marty |
Ordinario de Francia para s fieis de rito oriental 1981 - 2005 |
Sucesor: André Armand Ving-Trois |
Predecesor: Manuel Gonçalves Cerejeira |
Cardeal-Presbítero de Santi Marcellino e Pietro 1983 - 1994 |
Sucesor: Aloysius Matthew Ambrozic |
Predecesor: Gabriel Auguste François Marty |
Cardeal-Presbítero de San Luigi dei Francesi 1994 - 2007 |
Sucesor: André Armand Ving-Trois |