Jay W. Johnson
Jay W. Johnson Directora da US Mint (2000-2001) Membro da Cámara de Representantes (1997-1999) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1943 Bessemer. Míchigan. |
Morte | 17 de outubro de 2009 (66 anos) Bristow. Virxinia. |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Stonewall Memory Gardens Manassas, Virxinia. |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
7 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999 Lexislatura: 105º Congresso dos Estados Unidos (pt) Circunscrición electoral: Wisconsin's 8th congressional district (en) Electo en: 1996 United States House of Representatives elections (en) | |
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
3 de xaneiro de 1997 – 3 de xaneiro de 1999 | |
Afiliado | |
Afiliado | |
Presidente | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade Estatal de Míchigan. |
Actividade | |
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
Ocupación | Político e xornalista dos EEUU. |
Partido político | Partido Demócrata |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Jay Withington Johnson, nado en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943 e finado en Bristow, Virxinia, o 17 de outubro de 2009, foi un político e xornalista estadounidense, membro da Cámara de Representantes por Wisconsin de 1997 a 1999, e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 2000 e 2001.[1]
Tamén presentou os informativos nas canles WFRV-TV e WLUK-TV en Green Bay, Wisconsin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Johnson naceu en Bessemer, Míchigan, o 30 de setembro de 1943, e cursou o seu ensino secundario na Bessemer High School. Posteriormente acadou un grao técnico en Locución no Gogebic Community College en 1963 e o título superior (Bachelor of Arts ) en Locución na Universidade do Norte de Míchigan, en 1965. En 1970 obtivo o seu mestrado en Artes da Radio e da Televisión, na Universidade Estatal de Míchigan.[2][3]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Comunicación
[editar | editar a fonte]Johnson era veterano da Guerra de Vietnam e entre 1966 e 1968 exerceu como especialista en información do Exército dos Estados Unidos.[2]
Nesa época tamén colaborou e foi membro do consello directivo de diversas organizacións sen ánimo de lucro, como Easter Seals of WI, Libertas, United Way of America, e asociacións de axuda a afectados pola violencia familiar ou por doenzas como a distrofia muscular.[2]
No ámbito do xornalismo civil, Jay W. Johnson traballou desde 1964 como locutor e xornalista en Míchigan, Indiana e Florida, antes de se establecer en Green Bay, Wisconsin, onde traballou durante 16 anos nas cadeas de televisión WFRV-TV (1980-1986) e WLUK-TV (1987-1996).[3]
Política
[editar | editar a fonte]En 1996, Johnson foi elixido representante do oitavo distrito de Wisconsin, polo Partido Demócrata, no Congreso dos Estados Unidos, e logo dun mandato foi derrotado polo membro da Asemblea Estatal de Wisconsin Mark Green, en 1998,[3] polo que só permaneceu no Congreso ata o 3 de xaneiro de 1999.
En agosto de 1999, Johnson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Bill Clinton,[3] en substitución de Philip N. Diehl, e foi confirmado polo Senado en maio de 2000. Ocupou o seu cargo durante pouco máis dun ano, xa que en agosto de 2001 o novo presidente nomeou a republicana Henrietta H. Fore como directora da ceca pública.
Comercio numismático
[editar | editar a fonte]Logo do seu cesamento na US Mint, Johnson traballou por conta propia no sector do comercio por xunto de moedas de colección e converteuse no numismático principal da ceca privada The Franklin Mint.[4] O 29 de xuño de 2009, a corporación Goldline International, Inc., dedicada ao comercio numismático e de metais preciosos, anunciou que Johnson exercería a partir de entón como voceiro da compañía.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1988): Premio ao servizo dos Antigos Alumnos, Universidade do Norte de Míchigan.[6]
- (1988): Premio ao Cidadán Sobresaliente, da loxa masónica Washington 21.[3]
Vida Familiar
[editar | editar a fonte]Jay W. Johnson estaba casado con JoLee Johnson[3] e tiña dous fillastros.[2]
O 17 de outubro de 2009, Johnson morreu na súa residencia familiar de Bristow, en Virxinia, aparentemente por un ataque ao corazón.[3][7][8] O seu corpo foi sepultado no cemiterio Stonewall Memory Gardens, no condado Prince William, de Virxinia.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Johnson, Jay W. 1943-2009". Biographical Directory of the United States Congress.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Johnson, Jay W. 1943". Wisconsin Historical Society.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Ryman, R. (2009). "Jay Johnson dies at 66; was congressman, Green Bay TV anchor". En The Post Crescent. 18 de outubro.
- ↑ "Jay W. Johnson, Chief Numismatist". The Frankling Mint.
- ↑ "Former U.S. Mint Director Jay Johnson Becomes Spokesperson for Gold and Precious Metals Company Goldline International, Inc". En Business Wire. 29 de xuño de 2009.
- ↑ "Alumni Service Award Recipients". Nothern Michigan University.
- ↑ "Former TV anchor, congressman Johnson dies". En Milwaukee Journal Sentinel. 18 de outubro de 2009.
- ↑ Ryman, R. (2009). "Former congressman, Green Bay TV news anchor dies". En Green Bay Press-Gazette. 19 de outubro. Páxina A-3.
- ↑ "Jay Withington Johnson". FindaGrave.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Philip N. Diehl |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 2000 - 2001 |
Sucesor: Henrietta H. Fore |
- Nados en 1943
- Finados en 2009
- Nados en Míchigan
- Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos
- Numismáticos dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade Estatal de Michigan
- Alumnos da Universidade do Norte de Michigan
- Militares dos Estados Unidos de América
- Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América
- Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América