Jay Reatard
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1980 Memphis, Estados Unidos de América |
Morte | 13 de xaneiro de 2010 (29 anos) Memphis, Estados Unidos de América |
Causa da morte | sobredose |
Lugar de sepultura | Tennessee |
Actividade | |
Ocupación | cantante, guitarrista |
Período de actividade | 1995 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Garage rock e Thrash metal |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Matador Records Arts & Crafts Productions (en) Fat Possum Records |
Sitio web | jayreatard.com |
James Lee Lindsey Jr., nado en Memphis (Tennessee) o 1 de maio de 1980 e finado na mesma cidade o 13 de xaneiro de 2010, foi un músico estadounidense máis coñecido polo seu nome artístico Jay Reatard. Lindsey asinou con Matador Records e publicou gravacións como artista en solitario e como membro de The Reatards e de Lost Sounds.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]A súa familia era orixinaria de Lilbourn (Missouri). A súa familia mudouse a Memphis cando tiña 8 anos, xa que o seu pai non atopaba traballo na súa cidade natal. A carreira de Lindsey comezou aos 15 anos, cando unha cinta demo que enviara a Goner Records chamando a atención do antigo membro de Oblivian e dono do selo Eric Friedl.[1] Lindsey coñeceu a Friedl e aos seus compañeiros de Oblivians ese mesmo ano cando tocaron en Memphis como abreconcertos para Rocket from the Crypt. Tras ver á banda ao vivo, Lindsey namorouse da súa música lo-fi descoidada e creou a súa propia marca de garage rock fortemente distorsionado.[2] Friedl quedou impresionado coas demos de Lindsey e contratouno no seu selo, comentando posteriormente, "Gustoume o ruído así que fixemos o disco, e fun fan de todo o que fixo desde entón. É un rapaz incrible".[1]
Lindsey chamou ao seu primeiro proxecto The Reatards, que na época só contaba con el como único membro, e adoptou un apelido influenciado polos Oblivians,[2] chamándose a si mesmo "Jay Reatard". O primeiro lanzamento de The Reatards con Goner foi un EP de 7" chamado Get Real Stupid, que contaba con Lindsey como intérprete en solitario tocando a guitarra, cantando e golpeando un caldeiro para proporcionar un ritmo percusivo. Nesa época Greg Cartwright, un membro dos Oblivians, tocou brevemente a batería para Lindsey. Cartwright actuou en concertos gravou con Lindsey na súa primeira casete autoeditada, Fuck Elvis, Here's The Reatards, que conta coa axuda na gravación de Jack Yarber, outro compoñente de Oblivians.
Para o seu segundo lanzamento Lindsey recrutou unha banda de apoio, contratando ao baixista Steve Albundy e ao batería Elvis Wong para que o acompañasen. O primeiro disco de The Reatards como trío foi Teenage Hate de 1998, publicado por Goner Records. Seguiulle o álbum Grown Up Fucked Up a través de eMpTy Records, e varios sinxelos.[3] A primeiro xira europea de The Reatards chegou en 1998, cando Lindsey tiña 18 anos.[2]
Anos 2000
[editar | editar a fonte]En 2001 Lindsey comezou a gravar música con Alicja Trout e Rich Crook como Lost Sounds, un proxecto paralelo que finalmente acabaría por ser a principal banda de Lindsey. Alternando voces masculinas e femininas, ademais dun importante uso de sintetizadores, Lost Sounds afastábase do garage rock guitarreiro de The Reatards, e tiña un son máis parecido ao primeiro punk rock de The Screamers, unha banda punk con sintetizadores que Elvis Wong lle ensinou a Lindsey pouco despois de gravar o primeiro disco de The Reatards. Lindsey unha vez afirmou que o seu tempo e Lost Sounds "era e é máis divertido que calquera outra cousa que eu fixen".[4] A pesar do entusiasmo de Lindsey coa banda, Lost Sounds separouse amargamente en 2005.
Lindsey era un compositor prolífico, actuando a miúdo como membro e compositor de dous ou máis bandas ao mesmo tempo. Un dos primeiros proxectos paralelos de Lindsey foi Bad Times, un grupo único que incluía a Eric Friedl e a King Louie Bankston. A banda gravou o valioso material dun álbum tras unha única sesión de práctica en 1998, editando un disco autotitulado en 2001. Despois dun concerto o grupo separouse e os membros regresaron aos seus proxectos en solitario.[4]
Mentres Lindsey aínda era membro de The Reatards e de Lost Sounds uniuse a un proxecto en paralelo chamado Final Solutions. A asociación de Lindsey cos futuros membros de Final Solutions comezou mentres aínda era un adolescente. Debido a problemas en casa, Lindsey optou por irse a vivir con membros dunha banda local chamada The Jackmonkeys. Mentres vivía coa banda foi recrutado para tocar a batería con eles nunha batalla de bandas que se celebraría na cafetería da escola. Con Lindsey na batería, o grupo, co nome The High and Mightys, realizou un concerto con versións de Oblivians. Despois de separarse durante varios anos o grupo reformouse co nome Final Solutions e comezou a xirar e a publicar álbums.[4]
En 2004, Lindsey, xunto coa súa ex-moza, Alix Brown da banda de Atlanta The Lids, creou Shattered Records, un selo discográfico independente que editou principalmente vinilos de edición limitada.[5] Shattered Records publicou discos para varias bandas de punk e rock lo-fi, como Kajun SS, Jack Oblivian, Tokyo Electron, The Reatards, Final Solutions, Terror Visions, Angry Angles, Carbonas, Rat Traps, Digital Leather e The Knaughty Knights.
En 2007 Lindsey deixou a Shattered Records en espera mentres promocionaba os seus discos en solitario.[2] Entón en 2009 Lindsey reviviu o selo co "Shattered Record Club" e co anuncio do seu derradeiro álbum en solitario, Watch Me Fall.
Fóra desa colaboración chegou outro proxecto musical para Lindsey, Angry Angles. Xunto con Brown, e alternando entre os baterías Paul Artigues de Die Rotzz e Ryan Rousseau ('Elvis Wong') de Tokyo Electron, a banda comezou a xirar polos Estados Unidos no outono de 2006. Antes de que a banda lanzase o seu segundo sinxelo, Lindsey e Brown comezaron unha curta xira europea. Angry Angles separouse despois de editar varios sinxelos en vinilo.[6]
Cara 2005 tanto The Reatards como Lost Sounds separáranse, e Lindsey centrou a súa atención nun feixe de proxectos paralelos, traballando e editando material como Terror Visions e Destruction Unit. Aínda que despois comezou a centrarse na súa carreira en solitario en 2006, Lindsey dixo que non desexaba reformar as súas anteriores bandas. "Sentiríame como si estivese retrocedendo se estivese traballando noutra cousa", dixo.[2]
En 2006 apareceu Blood Visions, o primeiro álbum en solitario de Lindsey co nome de Jay Reatard. Despois dunha longa xira promocionando o disco, no ano 2008 asinou un contrato exclusivo por varios álbums co selo independente baseado en Nova York Matador Records. Lindsey elixiu Matador porque sentía que eles eran "os únicos que manteñen calquera das promesas que fan ao longo do camiño". Varias grandes discográficas como Universal Records, Columbia Records e Vice Records, xunto coa independente Fat Possum, estaban interesadas en asinar con el.[7] Publicou seis sinxelos de edición limitada en 7" ao longo de 2008 a través de Matador. Pouco despois do lanzamento do primeiro sinxelo e da publicación de varios artigos sobre el en NME, Spin Magazine e Rolling Stone, Lindsey comezou a realizar concertos máis grandes e tocou en varios festivais por todo o mundo.[2]
En outubro de 2008 o Matador Singles '08 compilou os seus sinxelos de 2008 de Lindsey nun único disco. Lindsey volveu saír á estrada para promocionar o álbum cunha segunda longa xira en 2008. Os últimos discos de Lindsey son drasticamente diferentes dos seus primeiros discos punk. Dixo que os escritores adoitan malinterpretar o seu son máis novo. "Só creo que é música pop ruidosa", dixo.[2]
O derradeiro álbum de Lindsey, Watch Me Fall (o seu primeiro álbum de estudo propiamente con Matador), foi editado en agosto de 2009. Describiu esta colección de cancións como máis melódica e de inspiración twee. Nunha entrevista nese ano, Lindsey dixo que "este novo lote de cancións inclúe órgano, algunhas mandolinas, un violonchelo, moitas máis back-ups e harmonías".[2]
Aínda que afirmaba que Watch Me Fall era máis suave que os seus anteriores traballos, Lindsey dixo que o seu show en directo seguiría sendo enérxico.[8] Nunha entrevista en agosto de 2009 con Turn it Down Interviews, Lindsey dixo que as letras do disco centrábanse no seu crecente medo á morte e a traizón de amigos íntimos.[9]
Tras o lanzamento de Watch Me Fall, Lindsey contribuíu a un álbum tributo ao músico de rock and roll neozelandés Chris Knox, con quen ía colaborar ata que Knox sufriu un ictus en xuño de 2009. Lindsey gravou unha versión do tema "Pull Down the Shades", do álbum Toy Love. Todos os ingresos do álbum destináronse á recuperación de Knox.[10]
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Blood Visions | 2006 | In the Red Records |
Watch Me Fall | 2009 | Matador Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "An INTERVIEW WITH ERIC Oblivian". web.archive.org. 2000-08-19. Archived from the original on 19 de agosto de 2000. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Turn It Down: Jay Reatard Interview" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "The Reatards | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-04-04.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Terminal Boredom". www.terminal-boredom.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2019-04-05.
- ↑ "Shattered Records". Myspace. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 2019-04-05.
- ↑ "Angry Angles Bleed Positive Negativity". www.victimoftime.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 2019-04-05.
- ↑ Davis, Andrew Earles, Chris. "Music Issue". Memphis Flyer (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 2019-04-07.
- ↑ "Turn It Down: Jay Reatard Interview" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-04-04.
- ↑ "Turn It Down: Jay Reatard Interview! Addresses the haters." (en inglés). Consultado o 2024-03-08.
- ↑ "Jay Reatard Talks Chris Knox Benefit Comp, Upcoming Releases and His Plans for "More of a Pop Direction"". exclaim!. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2024.