Lost Sounds
Lost Sounds | |
---|---|
Orixe | Memphis, Tennessee, |
Período | 1999 - 2005 |
Xénero(s) | garage rock, synth punk |
Selo(s) discográfico(s) | Empty Records, Big Neck Records, Contaminated Records, On/On Switch, In The Red, Goner Records, Fat Possum |
Membros | Jay Reatard Alicja Trout Rich Crook Patrick Jordan John Garland |
Na rede | |
http://www.lostsounds.net | |
Lost Sounds foi unha banda de synth punk estadounidense procedente de Memphis, Tennessee. O grupo naceu en marzo de 1999 con Rich Crook á batería, Patrick Jordan ao baixo, e Jay Reatard e Alicja Trout nos sintetizadores, guitarras e voces. Orixinalmente tocaban garage rock e contaban con varios teclados analóxicos que Trout usara na súa anterior banda, The Clears. A peculiar combinación de sintetizadores new wave e guitarras mutiladas amosaron tamén influenzas do dark wave. Lost Sounds trataba frecuentemente temas escuros e apocalípticos que ían do Apocalipse ata o masacre de Columbine.
O seu derradeiro concerto foi en maio de 2005 en Stuttgart. Rich Crook formou as bandas Lover! e THING.[1] Alicjia xirou con River City Tanlines, Black Sundaye Mouserocket, ademais de editar material en solitario. Jay Reatard, que estaba conseguindo unha exitosa carreira con Matador Records, morreu en xaneiro de 2011. Crook, Alicjia e o antigos membro de Lost Souls John Garland crearon Sweet Knives xunto co baixista Johnny Valiant recuperando vellas composicións.[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio[3]
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Black Wave | 2001 | Empty Records |
Memphis Is Dead | 2001 | Big Neck Records |
Outtakes & Demos Vol.1 | 2001 | Contaminated Records |
Rat's Brains & Microchips | 2002 | Empty Records |
Demos II | 2003 | On/On Switch |
Lost Sounds | 2004 | In The Red Recordings |
Lost Lost | 2012 | Goner Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Victim of Time (ed.). "Rich Crook Launches Lover! at the Buccaneer". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Big Neck Records (ed.). "Sweet Knives". Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Discogs (ed.). "Lost Sounds". Consultado o 21 de marzo de 2018.