Javad Nekounam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javad Nekounam
Información persoal
Nome Javad Nekounam
Nacemento 7 de setembro de 1980 (43 anos)
Lugar de nacemento Rey
Altura 1,86 m.
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Foolad (ad.)
Carreira xuvenil
Naft Tehran
Pas Tehran
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–2005 Pas Tehran 179 (45)
2005–2006 Al Wahda 11 (3)
2006 Al Sharjah 11 (5)
2006–2012 CA Osasuna 149 (24)
2012–2014 Esteghal 44 (8)
2014 Kuwait SC 11 (1)
2014–2015 CA Osasuna 22 (5)
2015–2016 Saipa 15 (3)
2016 Al-Arabi 11 (1)
Total 453 (95)
Selección nacional
1998–2000 Irán sub-20
1999–2002 Irán sub-23 10 (2)
2000–2015 Irán 151 (39)
Adestrador
2017–2018 Khooneh be Khooneh
2018–2019 Nassaji
2019–2021 Foolad
2021– Foolad
Na rede
FIFA: 185641 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Javad Nekounam, nado en Ray o 7 de setembro de 1980, é un exfutbolista e adestrador iraniano, que dende 2021 dirixe o Foolad. Xogaba de mediocentro defensivo e desenvolveu a maior parte da súa carreira no PAS de Teherán e en Osasuna. No club navarro militou durante oito tempadas, sumando 197 partidos e 31 goles, e exercendo como capitán do equipo.

Histórico capitán da selección iraniana, é o futbolista con máis partidos da súa historia (151) e o seu cuarto máximo goleador (39 tantos).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala súa fichaxe no ano 2006 polo CA Osasuna converteuse no primeiro xogador iraniano na historia da Primeira División Española. Na súa primeira tempada xogou a fase de clasificación da Liga de Campións da UEFA, que perdeu contra o Hamburgo SV, entón finalmente xogou a fase de grupos da Copa UEFA, facendo historia alcanzando as semifinais contra o Sevilla FC.

En 2004 e 2013 acadara o título da liga iraniana co FC Pas Tehran e co Esteghlal FC respectivamente, amais da e Kuwait Emir Cup en 2014. Tamén foi elixido o segundo mellor xogador asiático de 2013.

Disputou dúas Copas do Mundo e catro Copas Asiáticas.