Jaume Aiguader i Miró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jaume Aiguader i Miró
Nacemento24 de xullo de 1882
 Reus e Barcelona
Falecemento30 de maio de 1943
 México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
CónxuxeCarme Cortés Lledó
FillosCarmen Aguadé Cortés
IrmánsArtemi Aiguader i Miró
editar datos en Wikidata ]

Jaume Aiguader i Miró, nado en Reus, Tarragona en 1882 e finado en Cidade de México en 1943, foi un médico, político e escritor republicano catalán que militou no nacionalismo. Estivo casado coa pintora Carme Cortès i Lladó.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1923 afiliouse a Unión Socialista de Cataluña, sendo un dos seus dirixentes durante a ditadura de Primo de Rivera, período no que foi encarcerado dúas veces polas súas actividades de oposición ó réxime. Despois foi dirixente de Estat Català. Foi encarcerado en 1926, en 1928 e en 1934 debido a desordes públicas. En agosto de 1930 asinou o pacto de San Sebastián, en nome de Estat Català, e o ano seguinte, en marzo, xunto co seu irmán Artemi, foi un dos fundadores de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).

Nas eleccións municipais de abril de 1931, foi candidato de ERC en Barcelona, resultando elixido e sendo alcalde entre 1931 e 1933, e deputado ante as Cortes da República en todas as lexislaturas (elixido en 1931, 1933 e 1936). Mediou para pór fin á Folga Xeral de Barcelona de setembro de 1931. Trala proclamación do Estado catalán en outubro de 1934 foi encarcerado de novo. Durante a guerra civil foi ministro sen carteira no segundo goberno de Francisco Largo Caballero (entre novembro de 1936 e maio de 1937) e Ministro de Traballo e Asistencia Social baixo o mandato de Negrín entre maio de 1937 (tralas xornadas de maio de 1937) e agosto de 1938, sempre en representación do seu partido. Nesa data dimitiu (unha decisión na que foi acompañado polo representante do nacionalismo vasco, Manuel de Irujo, que se sumou por solidariedade con el), en protesta polas decisións do goberno sobre as industrias de guerra de Cataluña, as cales, en opinión do seu partido, invadían as competencias do goberno autónomo de Cataluña.

Exiliouse en 1939, trala vitoria do bando sublevado na guerra, primeiro en Francia e logo en México, onde faleceu en 1943.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Nova tasca de l'ateneu. Cultura professional. Problema de l'habitació sana i a bon preu (1922, Barcelona)
  • La fatiga obrera (1929, Barcelona)
  • Les estadístiques de la mortalitat espanyola, catalana i barcelonina (1935, Barcelona)
  • La lleialtat a l'època (1929, Barcelona)
  • Amb Catalunya i per Catalunya (1930, Barcelona)
  • Catalunya i la revolució (1931, Barcelona)
  • Miquel Servet (1945, México)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Josep M. Poblet. Jaume Aiguader: Una vida "amb Catalunya i per Catalunya". Barcelona: Teide, 1977. ISBN 84-3078-327-X (en catalán)