Jane Russell
Jane Russell | |
---|---|
![]() Russell en 1953 | |
Nome completo | Ernestine Jane Geraldine Russell |
Nacemento | 21 de xuño de 1921 |
Lugar | Bemidji, Minnesota |
Falecemento | 28 de febreiro de 2011 (89 anos) |
Lugar | Santa Maria, California |
Causa | doenza respiratoria |
Nacionalidade | ![]() |
Relixión | cristianismo |
Educada en | Van Nuys High School |
Cónxuxe(s) | Bob Waterfield (1943–1967) Roger Barrett (1968) John Calvin Peoples (1974–1999) |
Profesión | Actriz |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ernestine Jane Geraldine Russell, nada en Bemidji (Minnesota) o 21 de xuño de 1921 e finada en Santa Maria (California) o 28 de febreiro de 2011 foi unha actriz estadounidense coñecida como Jane Russell, unha das grandes sex symbols das décadas de 1940 e 1950.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla dun militar e unha actriz, de pequena estudou piano e participou en obras teatrais. Inicialmente desexaba ser deseñadora, pero finalmente traballou como modelo e, por presións da súa nai, estudou interpretación con Max Reinhardt e Maria Ouspenskaya.
En 1940 asinou un contrato con Howard Hughes e fixo o seu primeiro filme, The Outlaw, que foi estreado de forma limitada en 1943 por problemas coa censura e o código Hays. Ata que tivo unha estrea comercial en 1946, Russell seguiu traballando como modelo.
Tras o éxito do filme, Russell era coñecida especialmente polo seu físico, que deu lugar a bromas como as frases do seu compañeiro Bob Hope, que a presentou como "the two and only Jane Russell" ou que dixo "Cultura é a capacidade de describir a Jane Russell sen mover as mans". Howard Hughes tamén dixo, "Hai dúas boas razóns polas que os homes van vela. Son abondas." A imaxe de Russell sobre unha morea de palla foi unha popular foto de pin-up.
Os seus principais éxitos tiveron lugar entre 1947 e 1956, especialmente no filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953), con Marilyn Monroe. A partir de 1970 retirouse do cinema e o ano seguinte debutou en Broadway, no musical Company.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- The Outlaw (1943)
- Young Widow (1946)
- The Paleface (1948)
- His Kind of Woman (1951)
- Double Dynamite (1951)
- The Las Vegas Story (film)|The Las Vegas Story (1952)
- Unha aventura en Macau (1952)
- Son of Paleface (1952)
- Montana Belle (1952)
- Road to Bali (1952)
- Os cabaleiros prefírenas loiras (1953)
- The French Line (1954)
- Underwater! (1955)
- Foxfire (1955)
- The Tall Men (1955)
- Os cabaleiros casan coas morenas (1955)
- Hot Blood (1956)
- The Revolt of Mamie Stover (1956)
- The Fuzzy Pink Nightgown (1957)
- Fate Is the Hunter (1964)
- Johnny Reno (1966)
- Waco (1966)
- The Born Losers (1967)
- Darker than Amber (1970)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jane Russell ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Russell, Jane (1985). Random House, ed. Jane Russell: My Path and Detours. Nova York. ISBN 978-0-517-67208-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jane Russell na IMDb (en inglés).
- "Jane Russell, A Dedicated Champion for Children", Women's International Center, WIC.com.
- Jane Russell, Virtual Film History.