James Harris Simons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
James Harris Simons
James Simons 2007.jpg
Simons en 2007
Datos persoais
Nacemento1938
LugarNewton, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
CónxuxeBarbara Simons
Marilyn Hawrys (presente)[1]
Actividade
CampoMatemáticas, empresa
Alma máterInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de California, Berkeley
Contribucións e premios
PremiosPremio Oswald Veblen (1976)
editar datos en Wikidata ]

James Harris Simons, nado en Newton, Massachusetts, en 1938 é un matemático, académico, financeiro, axente de fondos, corretor de bolsa, investidor, especulador e filántropo estadounidense.

En 1982, despois da súa carreira académica como matemático, Simons fundou Renaissance Technologies Corporation, unha firma de investimentos privadada con sede en Nova York, con más de 15 000 millóns de dólares en activos. Simons continúa a ser o seu presidente executivo, do que é un dos fondos de alto risco con máis éxito do mundo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

James Simons é neto do propietario dunha fábrica de zapatos en Massachusetts.[3] Obtivo o grao de Bachelor of Science (BS) en matemáticas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1958,[4] e o grao de Doctor of Philosophy (Ph.D.), tamén en matemáticas na Universidade de California, Berkeley en 1961[5] aos 23 anos.

Entre 1964 e 1968, traballou na Communications Research Division do Institute for Defense Analyses (IDA). Simons foi profesor de matemáticas no MIT e na Universidade Harvard. En 1968, foi nomeado presidente do departamento de matemáticas na Universidade de Stony Brook.

En 1976, Simons gañou o Premio Oswald Veblen en xeometría da Sociedade Estadounidense de Matemáticas polo seu traballo no que revisaba as formas características das superficies mínimas, o que deu lugar á súa proba sobre a conxectura Bernstein e unha mellora dunha certa regularidade dos resultados de Wendell H. Fleming nunha xeneralización do problema de Plateau.

Entre as investigacións máis influentes nas que participou Simons inclúese o descubrimento e a aplicación de determinadas medicións xeométricas, as formas de Chern-Simons, tamén coñecidas como invariantes de Chern-Simons. En 1974, a súa teoría foi publicada en 'Characteristic Forms and Geometric Invariants xunto con Shiing-Shen Chern. A teoría emprégase na física teórica e en particular na teoría de cordas.

En 1978, deixou a carreira académica para fundar Renaissance Technologies, un fondo de investimento constituído con fondos de investimento libre (hedge funds), materias primas e outros derivados financeiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teitelbaum, Richard (Xaneiro de 2008). "The Code Breaker". Bloomberg Markets Magazine. Bloomberg LP. Consultado o 7-1-2010. 
  2. Lux, Hal (1 de novembro de 2000). "The secret world of Jim Simons" (PDF) (en inglés). Institutional Investor. Consultado o 15 de agosto de 2006. [Ligazón morta]
  3. [1][Ligazón morta]
  4. [2]
  5. The Mathematics Genealogy Project - James Simons