Saltar ao contido

Jamendo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jamendo
Apertura: xaneiro do 2005
Forma de pago:de balde
Plataformas: multiplataforma
Formato: MP3, OGG
Restricións:Licenzas Creative Commons ou Arte Libre
Catálogo:Máis de 11.500 álbums[1]
Máis de 7.000 grupos
Previsualización:Obras enteiras
Streaming:Si
Gravación/copia:Permitida
Avaliación:Non
Protocolo:HTTP, BitTorrent, Edonkey 2000
Dispoñibilidade:Universal
Características:Descargas gratuítas, doazóns, etiquetas, comentarios...
Sitio web:www.jamendo.com

Jamendo é unha comunidade creada en xaneiro do 2005 ao redor da música de libre distribución[2][3], onde os artistas poden subir a súa música de balde e o seu público escoitala e descargala do mesmo xeito. Dende a súa fundación, o número de artistas e álbums aloxados medrou de maneira exponencial. O nome provén da mestura de "jam" e "crescendo".

Características

[editar | editar a fonte]
  • Música baixo licenzas Creative Commons ou Licenza Arte Libre.
  • Descargas de álbums enteiros por BitTorrent ou eDonkey, aínda que se poden realizar a descarga por BitTorrent coma unha descarga directa.
  • Ficheiros de son en formato Ogg Vorbis e MP3.
  • Un sistema integrado de recomendación e cualificación de álbums.
  • Etiquetas e comentarios sobre os artistas da man da comunidade.
  • Streaming de cancións, álbums enteiros ou da lista persoal de favoritos do usuario. Este pode ser en formato MP3 ou OGG.
  • Aloxamento de balde para os artistas, sempre que a súa música sexa liberada baixo licenzas Creative Commons ou Arte Libre[4], e ligazóns aos sitios web oficiais dos mesmos.
  • Dende abril do 2008, Jamendo conta cunha ferramenta de busca de torrents de álbums en MP3 e OGG[5].

Remuneración aos artistas

[editar | editar a fonte]

Jamendo fornece un sistema de doazóns voluntarias aos artistas que o desexen. Este sistema supón o primeiro intento serio dun sitio web de transferencia de ficheiros de fornecer unha forma de remunerar directamente aos artistas. Os pagos realízanse a través do servizo universal PayPal, e entréganse aos artistas tras descontar 0,50 que irán a Jamendo en concepto de gastos bancarios[4]. Dende xaneiro do 2007 está tamén dispoñible un sistema de remuneración adicional, grazas ao cal a metade dos ingresos por publicidade repártense entre os artistas que queiran acollerse ao sistema.

Comunidade

[editar | editar a fonte]

Con base en Luxenburgo, Jamendo ter carácter internacional. Mentres que a maioría da comunidade a forman persoas francófonas, o sitio conta con versións traducidas a máis de 20 idiomas en diferentes estados, entre os que se atopan o castelán e mailo inglés, mais non o galego, pois polo de agora os obxectivos de Jamendo son chegar a canta máis xente mellor, e cada nova tradución supón moito esforzo por parte dos tradutores e de Jamendo. Todos os usuarios rexistrados, iso si, poden colaborar nas traducións ás linguas actuais partindo dunha base en inglés ou francés.

Integración con reprodutores

[editar | editar a fonte]

Jamendo pode integrarse con certos reprodutores de música. O reprodutor Rhythmbox, dende a súa versión 0.9.6, pode explorar e reproducir toda a biblioteca musical de Jamendo, descargar as obras e mesmo facer doazóns directamente dende o reprodutor. O equipo de desenvolvemento do Amarok anunciou que a versión 2.0 da aplicación contará con completa integración con Jamendo[6].

[editar | editar a fonte]

Toda a música en Jamendo está baixo algunha das múltiples licenzas Creative Commons ou Arte Libre, o cal fai que o sitio sexa completamente legal, así como as descargas que nel se fan.

  1. "Portada do sitio web de Jamendo" (en castelán). Consultado o 29/08/2008. 
  2. Podería dicirse que ao redor da música libre, pero non todas as licenzas Creative Commons (xunto coa Arte Libre as esixidas para usar Jamendo) aparecen marcadas na propia Creative Commons como "Approbed for Free Cultural Works" (Aprobada por Free Cultural Works), quen ten unha visión de música libre máis próxima á de software libre. O dereito de libre distribución é o único que teñen en común todas as licenzas válidas en Jamendo.
  3. Definición de obras culturais libres (incluída a música libre) segundo a Free Cultural Works.
  4. 4,0 4,1 "FAQ de Jamendo" (en castelán). Consultado o 29/08/2008. 
  5. "Jamendo Torrents" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06/10/2008. Consultado o 29/08/2008. 
  6. "Software de Jamendo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16/06/2008. Consultado o 29/08/2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]