Saltar ao contido

Ogg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «OGG»)
Ogg
 Obra derivada
OGM (pt) Traducir
Annodex (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Uso
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
Produción
 Licenza
Características
 Extensión de ficheiro
ogg
ogx
spx
oga
ogv
opus Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
2003 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/05mxd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Ogg Vorbis é un formato de compresión de son, semellante a, por exemplo, ó popular MP3. A diferenza do MP3, Ogg Vorbis é aberto e libre, o que quere dicir que é un formato accesible por todo o mundo que non está sometido a ningunha patente, e que pode ser usado de balde.

Coma o MP3, Ogg Vorbis comprime a música a base de recortar parte da información sonora (compresión con perda). A altos niveis de cualidade, estes recortes son imperceptibles. Canto máis se comprime o son, pola contra, mais información se perde, e polo tanto peor se escoita. Ogg Vorbis fai esta compresión algo mellor que o MP3, e polo tanto pode proporcionar mellor calidade con menos tamaño.

Ogg Vorbis é desenvolto pola Xiph.org Foundation.[1]

  1. "Xiph.org". www.xiph.org.