Jaime Garzón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Garzón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de agosto de 1999 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaXardíns de Paz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Colombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónDisidencia , xornalista , activista pola paz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jaime Hernando Garzón Forero, nado en Bogotá o 24 de outubro de 1960, e finado Ibídem o 13 de agosto de 1999, foi un avogado, pedagogo, humorista, activista, actor, locutor, xornalista e mediador de paz colombiano.[1][2] Exerceu como Alcalde Menor de Sumapaz, localidade No. 20 do Distrito Capital de Bogotá durante a administración do Alcalde Maior de Bogotá Andrés Pastrana Arango (1988 - 1990), e fixo traballo social por encargo do Goberno Nacional durante a administración de César Gaviria Trujillo (1990 - 1994).[3]

O seu ingreso nos medios de difusión nacional faríano un personaxe recoñecido e o pioneiro do humor político na televisión colombiana.[4] Xogou un papel importante nos procesos de paz da década dos 90 en Colombia e na liberación de secuestrados en poder das FARC-EP.[5]

O 13 de agosto de 1999 foi asasinado en Bogotá por dous sicarios preto dos estudos da emisora Radionet onde traballaba. En diferentes ocasións, Garzón expresara que era vítima de ameazas de morte. Durante o proceso xudicial, a defensa argumentou que houbo desviacións na investigación por parte do Departamento Administrativo de Seguridade (DÁS), antigo organismo de seguridade do estado, en conveniencia con recoñecidos políticos e membros das Forzas Militares. A morte de Jaime Garzón é outro caso de crime de Estado en Colombia que segue sen resolverse.[6]

Polo homicidio de Jaime Garzón, até 2017, só foi condenado o comandante paramilitar Carlos Castaño, mentres que o ex-subdirector do DÁS, José Miguel Narváez, foi vinculado á investigación en 2011.[7][8] En xullo dese mesmo ano, a familia Garzón Forero presentou unha demanda contra o Estado colombiano ante a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos–CIDH-, pola participación de funcionarios públicos no homicidio e pola incapacidade da xustiza nacional para perseguir e sancionar a todos os responsables nun período de tempo razoable. En 2016, o crime de Jaime Garzón foi declarado pola Fiscalía de Colombia como delito de lesa humanidade, debido á participación de axentes do estado no homicidio xunto a grupos paramilitares, no marco dun plan executado neses anos para eliminar civís que promovían a defensa dos dereitos humanos e de posicións ideolóxicas de esquerda. Desta maneira, este feito non corre risco de quedar impune por prescrición.[9]

En agosto de 2017, a Universidade Pedagóxica Nacional outorgoulle de maneira póstuma o Doutoramento Honoris Causa en Educación por ser un "formador na paz e nos dereitos humanos".[10].

O 5 de febreiro de 2021, o tribunal confirmou a condena de 26 anos contra o exdirector de DAS (Departamento Administrativo de Seguridade) José Miguel Narváez polo asasinato de Jaime Garzón despois de máis de 21 anos do crime.

Notas[editar | editar a fonte]