Jaime Alfonsín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJaime Alfonsín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Chief of the Royal Household of Spain (en) Traducir
24 de xuño de 2014 – 19 de xaneiro de 2024
← Rafael Spottorno (pt) TraducirCamilo Villarino →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid - dereito (–1978) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Pontificia Comillas, profesor universitario
Universidade Autónoma de Madrid, profesor universitario
Barclays (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNatalia Uranga
FillosNatalia Alfonsín Uranga (en) Traducir, María Alfonsín Uranga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata


Jaime Alfonsín Alfonso, nado en Lugo o 18 de agosto de 1956, é un avogado galego, que foi xefe da Casa da Súa Maxestade el-Rei dende 2014 ata 2024.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid en 1978 foi premio extraordinario da súa promoción. En 1980, ingresou no Corpo de Avogados do Estado sendo destinado ás delegacións de Facenda en Teruel e Cuenca, no Ministerio da Presidencia, no Tribunal Supremo e na Asesoría Xurídica da Comisión da Unión Europea. Ademais, foi Director Xeral de Cooperación cos Réximenes Autonómicos do Ministerio da Administración Territorial no goberno presidido por Leopoldo Calvo-Sotelo.[1]

Posteriormente, ocupou cargos no sector privado: entre 1984 e 1992 foi secretario xeral e xefe da asesoría xurídica de Barclays Bank, e logo, entre 1992 e 1995 incorporouse como letrado ao bufete Menéndez&Uría. Asemade, foi docente universitario de Dereito da Unión Europea no ICADE e de Dereito Fiscal na Universidade Autónoma de Madrid.[2]

En 1995 asumiu a Xefatura da Secretaría da súa Alteza o Príncipe de Asturias. Logo da chegada ao trono de Filipe VI de España, este nomeouno Xefe da Casa del-Rei o 23 de xuño de 2014.[3] Foi destituído[4] case unha década despois, en xaneiro de 2024, e substituído polo diplomático Camilo Villarino. Alfonsín, que nese momento estaba en idade de xubilación, pasou a formar parte do consello privado del-Rei.[4]

Notas[editar | editar a fonte]