Jaguar Love
Jaguar Love | |
---|---|
![]() Johnny Whitney (primeiro plano), Cody Votolato (fondo) | |
Orixe | Portland, Oregón, ![]() |
Período | 2007 - presente |
Xénero(s) | Indie rock, art punk, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Matador Records, Fat Possum Records |
Membros | Johnny Whitney Cody Votolato |
Antigos membros | Jay Clark |
Na rede | |
http://wearejaguarlove.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jaguar Love é un grupo estadeunidense de indie rock con orixe en Portland, Oregón, composto polos antigos membros de The Blood Brothers.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda foi fundada polos membros dos grupos Blood Brothers e Pretty Girls Make Graves.[1] O 21 de xaneiro de 2008, a banda anunciou por medio de MySpace que firmaran para Matador Records, antiga discográfica de Pretty Girls Make Graves.
O seu primeiro álbum "Take Me to the Sea" saíu o mercado o 18 de agosto de 2008 en Matador Records.[1] O álbum filtrárase á Internet o 15 de xullo do mesmo ano.
As actuacións do vocal, Johnny Whitney, teñen sido descritas "coma [[Robert Plant con esteroides, ou Perry Farrell tras un cambio de sexo".[1]
A banda percorreu Europa durante unha xira no verán de 2008, aparecendo en importantes festivais coma T in the Park, seguido dunha xira por América como abreconcertos para Polysics, antes de volver noutra xira internacional máis tarde nese ano.[2][3][4][5][6]
O 18 de febreiro de 2009, anunciaron nun boletín vía MySpace que habería cambios tanto na formación coma no seu son.
Recentemente, a banda firmou para Fat Possum Records. O 3 de novembro de 2009, a formación sacou á luz "Up All Night", canción que foi escoitada con frecuencia durante a súa xira no verán de 2009.[7] A banda fixo público o seu segundo álbum "Hologram Jams" o 2 de marzo de 2010.
Influencias e estilo
[editar | editar a fonte]Jaguar Love herdou de Blood Brothers, a través de Johnny e Cody, o característico e magnético estilo nas voces. Difire porén moito da anterior achegándose máis ao indie rock, así coma ó pop barroco, art rock, soul, hip hop, música experimental e post-punk.
Jaguar Love recibe influxos de Gang of Four, Jay-Z, New Order, Bootsy Collins, Weezer, Botch, Antioch Arrow e The Smiths.
No seu último traballo o seu estilo vólvese algo máis new wave/dance-punk, mantendo a súa autenticidade nas voces e a guitarra.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Highways of Gold 7" Single - 3 de xuño de 2008
- Jaguar Love EP - 3 de xuño de 2008
- Take Me to the Sea - 19 de agosto de 2008
- Hologram Jams - 2 de marzo de 2010
Membros
[editar | editar a fonte]- Antigos membros
- Membros de apoio
- Craig Bonich – baixo
- Zach Richards - batería
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lester, Paul (2008) "Band of the day No. 342: Jaguar Love", The Guardian, July 1, 2008
- ↑ BBC - T in the Park - Jaguar Love
- ↑ Matador Records - Jaguar Love
- ↑ "Prague - Jaguar Love". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2011. Consultado o 13 de setembro de 2010.
- ↑ Londonist Live: Jaguar Love, Londonist, July 9, 2008
- ↑ Diver, Mike (2008) "Brothers rise from their Graves: Jaguar Love's fresh start Arquivado 31 de xullo de 2008 en Wayback Machine.", Drowned in Sound
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2010. Consultado o 13 de setembro de 2010.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial(en inglés)
- Entrevista con Cody Votolato en Jekyll and Hyde, 106FM Jerusalem[Ligazón morta](en inglés)