Jacinto Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Vic, España |
Morte | 22 de setembro de 1936 (30/31 anos) Arteixo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , sindicalista |
Pseudónimo literario | Vigatá |
Lingua | Lingua castelá |
Jacinto Méndez Esporrín,[1] coñecido como Vigatá, nado en Vic en 1905 e finado en Arteixo o 22 de setembro de 1936, foi un xornalista e sindicalista catalán residente en Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ferroviario. Foi con Francisco Llerena un dos fundadores do Sindicato ferroviario da Coruña integrado na CNT. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica e directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal, do que foi presidente (1933-1935). Colaborou en Solidaridad Obrera e Solidaridad. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 representou á FAI na conformación do Comité de Defensa da República da Coruña. Foi detido e encadeado na Prisión Provincial. Foi asasinado sen agardar á formación de causa, o seu cadáver apareceu en Barranqueiras, na parroquia de Pastoriza (Arteixo).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fontes o segundo apelido aparece como Esporín.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 174. ISBN 84-87783-79-1.
- Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (M)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Jacinto Méndez na páxina web Nomes e Voces.