Diante Garrett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diante Garrett
Tofaş
Información persoal
Nacemento 3 de novembro de 1988 (35 anos)
Milwaukee, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Posición Base / Escolta
Liga Basketbol Süper Ligi
Información da carreira
Instituto Harold S. Vincent
(Milwaukee, Wisconsin)
Universidade Iowa State (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Zagreb (2011)
Nanterre (2011–2012)
Phoenix Suns (2012–2013)
Bakersfield Jam (2013)
Utah Jazz (2013–2014)
Iowa Energy (2014–2015)
Grand Rapids Drive (2015)
Maccabi Ashdod (2015–2016)
Alvark Tokyo (2016–2017)
Auxilium Torino (2017–2018)
Tofaş (2018–presente)

Diante Maurice Garrett, nado o 3 de novembro de 1988 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Tofaş S.K. da Basketbol Süper Ligi turca. Mide 1.93 m e pode xogar nas posicións de base e escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Garrett xogou ó baloncesto universitario para os Iowa State Cyclones.[1] Despois, comezou a súa carreira coma profesional no KK Zagreb en Croacia, para xogar despois no JSF Nanterre francés. Uniuse ós Phoenix Suns da NBA para os adestramentos de 2012, e conseguiu entrar no equipo para a tempada.[2]

Fixo o seu debut na NBA o 5 de novembro de 2012 contra os Miami Heat, proclamados campións a tempada anterior. Anotou 2 puntos, deu 2 asistencias e roubou un balón na derrota do seu equipo contra os Heat.

O 27 de setembro de 2013, asinou cos Oklahoma City Thunder,[3] pero foi cortado o 25 de outubro de 2013 sen chegar a debutar.[4] O 13 de novembro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "#10 Diante Garrett". Cyclones.com. Consultado o 5 de outubro de 2012. 
  2. "Phoenix Suns' Luke Zeller, Diante Garrett living out dreams". AZCentral.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  3. "OKC Thunder sign guards Diante Garrett and Rodney McGruder". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 01 de outubro de 2013. 
  4. "OKC Thunder waive Diante Garrett and Rodney McGruder". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  5. "Utah Jazz sign guard Diante Garrett". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2018. Consultado o 25 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]