Franciszek Macharski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Franciszek Macharski
Cardinal Franciszek Macharski, Archbishop Emeritus of Kraków.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento20 de maio de 1927 en Cracovia, Polonia
Pasamento2 de agosto de 2016
Ordes
Ordenación sacerdotal2 de abril de 1950, por Adam Stefan Sapieha
Consagración episcopal6 de xaneiro de 1979, por Xoán Paulo II
Creado cardeal30 de xuño de 1979, por Xoán Paulo II
Arcebispo metropolitano de Cracovia
1978 - 2005
PredecesorKarol Józef Wojtyła
SucesorStanisław Dziwisz
Outros
Coat of arms of Franciszek Macharski.svg
Escudo de Franciszek Macharski
Iesu in te confido
Ficha en catholic-hierarchy.org

Franciszek Macharski, nado o 20 de maio de 1927 en Cracovia (Polonia) e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 2016, foi un arcebispo e cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Cracovia entre 1978 e 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Franciszek Macharski naceu en Cracovia o 20 de maio de 1927.[1] Durante a ocupación alemá estudou clandestinamente na Escola de Económicas de Cracovia, graduándose a finais da Segunda Guerra Mundial.

En 1945 entrou ao seminario da arquidiocese de Cracovia, e o 2 de abril de 1950 foi ordenado sacerdote[1] polo cardeal Sapieha. Posteriormente licenciouse en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica.[1] Ao negarse a cooperar co servizo de seguridade, foille negado o pasaporte. Cando Karol Wojtyła foi elixido papa en 1978, nomeouno como sucesor en Cracovia.[1] Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1979 de mans do mesmo papa, quen no consistorio do 26 de xuño de 1967 creouno cardeal[1] co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.

Retirouse como arcebispo de Cracovia o 3 de xuño de 2005. Finou o 2 de agosto de 2016.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland & Company. p. 114. ISBN 9780786410941. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]