Saltar ao contido

Jéssica Albiach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíailustre Editar o valor en Wikidata
Jéssica Albiach

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jéssica Albiach Satorres Editar o valor en Wikidata
29 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
La Saïdia, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 –

Circunscrición electoral: Barcelona

Líder de grupo parlamentar (pt) Traducir Catalunya en Comú Podem Parliamentary Group (en) Traducir
18 de setembro de 2018 –
← Xavier Domènech Sampere
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaFeminismo, Ecoloxismo, Spanish republicanism (en) Traducir, unionismo espanhol (pt) Traducir e Progresismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade CEU Cardenal Herrera (pt) Traducir - xornalismo
Q125828212 Traducir
Q125828864 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, política, fotógrafa Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCatalunya en Comú (2017–)
Podemos (2014–2023) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
15 de maio de 2011Protestas de maio de 2011 en España Editar o valor en Wikidata

Sitio webhttps://jessicaalbiach.cat/
IMDB: nm8796552 Facebook: JessicaAlbiach Twitter: jessicaalbiach Instagram: jessicaalbiach LinkedIn: jéssica-albiach Editar o valor en Wikidata

Jéssica Albiach Satorres, nada en Valencia o 29 de maio de 1979 é unha xornalista, activista e política, coordinadora de Catalunya en Comú e deputada do Parlamento de Cataluña nas lexislaturas XI e XII, sendo presidenta do grupo parlamentario de Catalunya en Comú-Podem neste segundo dende o 18 de setembro de 2018. [1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É diplomada en Fotografía por Revelarte/Espacio de arte Fotográfico e licenciada en Ciencias da Comunicación (Xornalismo) pola Universidade Cardenal Herrera-CEU. Gañou unha bolsa Erasmus do Institut Supérieur de Formation Sociales et de Communication (Bruxelas) e unha bolsa Leonardo para VUSTE ENVIS (Praga).[2]

Traballou para o Festival Internacional de Artes Escénicas de Tanec Praha do Ministerio de Cultura e para Amnistía Internacional. Máis tarde obtivo un máster en mercadotecnia política, estratexia e comunicación política na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Antes de remata-lo máster traballara como editora en Levante-EMV.[3] En 2008 traballou na campaña electoral de María Teresa Fernández de la Vega, cando se presentou como candidata ao Congreso dos Deputados por Valencia nas eleccións xerais do 9 de marzo de 2008.[2]

En 2011, como resultado do movemento 15M, participou en diversas mobilizacións, ata que en 2014 uniuse a Podem. Traballou no gabinete de comunicación do concello de Cornellà,[4] e na secretaría de comunicación de Podem ata que, un ano despois, foi elixida deputada no parlamento de Cataluña na XI lexislatura dentro da candidatura de Catalunya Sí que es Pot.

Na votación do Parlamento do 27 de outubro de 2017 para a aprobación da Declaración de Independencia de Cataluña, destacou por ser un dos sete deputados que amosou publicamente que votou Non para evitar calquera persecución xurídica posterior.[5]

Na XII Lexislatura correspondente ás eleccións do 21 de decembro de 2017 foi elixida deputada por segunda vez. Trala dimisión de Xavier Domènech,[6] en setembro de 2018, foi nomeada presidenta do Grupo Parlamentario de Catalunya en Comú-Podem.

En decembro de 2019, foi elixida coordinadora de Catalunya en Comú, xunto con Ada Colau e Candela López.[7]

Despois do anuncio de eleccións[8] realizado polo presidente Quim Torra, e unha vez aberto o prazo para o proceso interno, decidiu presentarse ás primarias de Catalunya en Comú[9] para liderar a candidatura nas próximas eleccións previstas para a primavera 2020, co apoio dunha das súas caras máis visibles, a alcaldesa de Barcelona Ada Colau. O 27 de febreiro de 2020 foi proclamada candidata de Catalunya En Comú á presidencia da Generalitat de Catalunya.[10]

  1. Parlament de Catalunya (ed.). "Sra. Jéssica Albiach Satorres". parlament.cat (en catalán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Hinojosa, Silvia (9 de febreiro de 2019). "Jéssica Albiach, la diputada que perseguía tortugas". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  3. Maceda, Víctor (24 de setembro de 2018). "5 anys de Podem: la revolució inacabada". eltemps.cat (en catalán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  4. Esteve, Mireia (02 de febreiro de 2020). "Albiach, la candidata de consens bendeÏda per Colau". ara.cat (en catalán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  5. 324.cat (ed.). "EL PARLAMENT DECLARA LA INDEPENDÈNCIA DE CATALUNYA". ccma.cat (en catalán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  6. Redacción (4 de setembro de 2018). eldiario.es, ed. "Xavier Domènech deja la política: "Es la hora de dar paso a nuevas personas con ideas frescas"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  7. Redacción (02-12-2019). "Albiach creu que ERC té massa por que l’acusin de traïdora si pacta amb el PSOE". rac1.cat (en catalán) (publicado o 2 de decembro de 2019). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  8. Gil Grande, Rocío (9 de xaneiro de 2020). RTVE, ed. "Torra anuncia la convocatoria de elecciones en Cataluña después de que el Parlament apruebe los presupuestos". rtve.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  9. Pardo Torregrosa, Íñigo (4 de febreiro de 2020). "Jéssica Albiach se presenta a las primarias de los comunes". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  10. Europa Press (27 de febreiro de 2020). "Los comuns siguen su proceso de primarias de las listas tras proclamar a Albiach como candidata". europapress.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]