Iurii Nagibin
Aparencia
Iurii Markovich Nagibin (en ruso: Юрий Маркович Нагибин), nado o 3 de abril de 1920 e finado o 17 de xuño de 1994, foi un xornalista, escritor e guionista ruso.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto Cinematográfico da URSS, interrompeu os estudos pola segunda guerra mundial e foi ferido en combate en novembro de 1942 e logo foi correspondente militar en diversas frontes. Autor de moitos relatos, a primeira recompilación publicouna en 1943, Человек с фронта (O home da fronte). Como guionista o seu traballo máis coñecido é o guión de Dersu Uzala dirixido por Akira Kurosawa.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |