Bella Akhmadulina
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de abril de 1937 Moscova |
| Morte | 29 de novembro de 2010 Peredelkino |
| Causa da morte | doenza cardiovascular |
| Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
| Educación | Instituto de Literatura Maxim Gorki |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía |
| Ocupación | poetisa, dramaturga, guionista, escritora, tradutora, actriz |
| Período de actividade | 1960 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Poesía lírica |
| Familia | |
| Cónxuxe | Evgenii Evtushenko (1954–) Iuri Nagibin Eldar Kuliev |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ахмадулина Белла Ахатовна) Obálky knih, Metzler Autorinnen Lexikon (1 ed.), (p.1–2) >>>:Achmadulina, Bella Achatova |

Izabella Akhatovna Akhmadulina (ruso: Бе́лла (Изабе́лла) Аха́товна Ахмаду́лина, tártaro: Белла Әхәт кызы Әхмәдуллина), nada en Moscova o 10 de abril de 1937 e finada o 29 de novembro de 2010, foi unha poeta e tradutora soviética e rusa, que formou parte da Nova Vaga rusa, considerada unha das mellores poetas da segunda metade do século XX [1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Rusia de pai tártaro e nai ruso-italiana. Evacuada a Kazán cao estalar a segunda guerra mundial, comezou a súa actividade literaria nos seus anos de instituto, publicando as súas primeiras composicións en 1955. Tras rematar a secundaria, entrou no Instituto de Literatura Maxim Gorki, graduándose en 1960. Nesa época publicou diversos poemas en diferentes publicacións. En 1959 expulsárona por opoñerse á persecución de Boris Pasternak[2], porén despois puido volver. Nese ano escribiu un dos seus poemas máis coñecidos "По улице моей который год…". En 1962 apareceu a primeira colección poética, Struna, que se converteu nun éxito. Entre os poemarios salientan Uroki Muzyki (1970), Stikhi (1975), Svecha (1977), Sny o Gruzii (1977), Taina (1983) ou Poberezhye (1991). Pola colección Sad levou o premio estatal da URSS en 1989. Tamén escribiu ensaios sobre Alexander Pushkin e mais Mikhail Lermontov.

Nunha carta aberta apoiou ao exiliado Andrei Sakharov.[3] e en outubro de 1993 asinou a "Carta dos corenta e dous". Despois da caída da Unión Soviética publicou Larets i Kliutch (1994), Zvuk Ukazuyushchiy (1995) e Odnazhdy v Dekabre (1996).
A súa poesía caracterízase polo seu intenso lirismo, polas súas formas refinadas e cargada de imaxes e o humor no seo dun estilo "resolutamente apolítico". Nos seus primeiros traballos utilizou cuarteto rimados, con vivencias imaxinativas da vida diaria nunha linguaxe chea de arcaísmos e neoloxismos. A relixión e a filosofía convertéronse en temas principais nas súas últimas obras. Como tradutora verteu ao ruso a poetas clásicos e modernos da Unión Soviética, así como a europeos e norteamericanos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marina Ledkovskaia-Astman, Charlotte Rosenthal e Mary Fleming Zirin (1994) Dictionary of Russian Women Writers Greenwood Publishing, p. 4
- ↑ "Great Russian Poetess Bella Akhmadulina Passes Away". Russia-InfoCenter. 29 de novembro de 2010.
- ↑ "Russian poet Bella Akhmadulina dies at 73". Boston Globe. 29 de novembro de 2010.